Congresos Enciga

Formato Traballos

ENCIGA 2022: NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

  • As/Os autoras/es de comunicacións, obradoiros ou exposicións, deberán enviar por correo electrónico ao enderezo congreso35@enciga.org
    • Un RESUMO DO RELATORIO para o Libro Guía do Congreso. Presentará e reflectirá o contido do mesmo, indicando se é comunicación ou obradoiro, cunha extensión máxima de 2 páxinas en A4 e acorde co formato indicado máis abaixo.
    • Dito arquivo debe nomearse como segue: “Apelidos e Nome do/a primeiro/a autor/a e TÍTULO BREVE
    • Exemplo: “Feliz Pérez José, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”
  • Contidos:
    • Introdución, na que se indique cal é o problema a analizar, os obxectivos
      ou preguntas do estudo.
    • Fundamentación teórica e metodolóxica, na que se poida observar o coñecemento do estado da cuestión, as fontes e o modelo de traballo utilizado.
    • O desenvolvemento ou estudo dunha experiencia, que pode ser unha achega bibliográfica e documental, estudo de caso, indagacións empíricas, investigación- acción ou outros tipos de traballos.
    • Conclusións ou reflexións finais sobre os resultados do estudo
    • Referencias (seguindo as normas APA)
  • Formato: máximo 2 páxinas DIN A4, arquivo con extensión .doc, todas as marxes de 2,5 cm, tipo de letra Times New Roman, nos títulos a 12 ptos e no texto a 11 ptos, entreliñado de 1.15, 6 ptos espaciado despois do parágrafo e xustificado. As ilustracións n formato JPG (incrustadas no mesmo arquivo de word, con calidade suficiente para imprenta, mínimo 200 puntos).
  • Todas as referencias, citas, bibliografía, referencias documentais e telemáticas virán expresadas en normas APA, sexta edición.