Quen somos
Que é ENCIGA?
ENCIGA foi fundada o 16 de xaneiro de 1988, como unha asociación de profesores e profesoras de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios.
Na súa estructura toma como modelo outras asociacións que xa existen no mundo, fundamentalmente a ASE (Association for Science Education) inglesa e a NTSA (National Teachers Scientific Association) americana.
Forma parte da Federación Internacional de Asociacións de Ensinanza da Ciencia, ICASE International Council of Associations for Science Education)
ENCIGA agrupa a ensinantes de Galicia, aínda que nas súas actividades está aberta a colaboración de profesores e profesoras de ciencias doutras partes de España ou de fóra de España.
Se es profesor ou profesora de ciencias, de calquera nivel educativo, e aínda non formas parte da nosa asociación, anímate e inscríbete en ENCIGA.
Obxectivos de ENCIGA
O obxectivo fundamental de ENCIGA é tentar a mellora da calidade no ensino na área de ciencias, en todos os niveis educativos, preferentemente non universitarios.
Para conseguilo, ENCIGA tenta divulgar traballos de investigación educativa e intercambio de información entre as persoas socias.
Todos os resultados e informacións, tanto dos grupos de traballo coma dos/as asociados/as, canalízanse a través do Boletín das Ciencias que é o medio de comunicación oficial de Enciga.
O Congreso Anual de Ensinantes de Ciencias é o acontecemento anual da asociación que, ademais do fin formativo, terá un fin claramente social: o achegamento entre nós, colegas na profesión.
Por último, debe ser ENCIGA un colectivo a consultar polas autoridades educativas á hora de acometer calquera traballo que afecte directamente á didáctica das ciencias.