Recursos

Recursos na rede

Web sobre o LHC

(por Ramón Cid Manzano)

Recursos de Física

(Por Jorge Porta Martínez)

Formulación Inorgánica

(por Jose Carlos Alonso)
Web que permite repasar ó alumnado os conceptos básicos de formulación. Posúe exercicios corrixidos para que o alumnado comprobe os seus progresos.

Formulación Orgánica

(por Jose Carlos Alonso)
Web que permite repasar ó alumnado os conceptos básicos de formulación. Posúe exercicios corrixidos para que o alumnado comprobe os seus progresos.

Física e Química de ESO

(por Jose Carlos Alonso)

Animacións de Física

Polo Departamento de Física e Química do IES Leonardo da Vinci (Alicante)
Ademais de animacións de física pódense descargas outras actividades para todos os niveis de Física e Química

Con F de física y con Q de química

(Por Andrés García-Verdugo)
Blog persoal sobre física, química e o seu ensino. Con artigos, ensaios, esperiencias e recursos didácticos.

Recursos xerais na rede

Biogeociencias

Portal que inclúe contidos relacionados coas ciencias da vida e da Terra e os impactos ambientais que se observan na actualidade. A web está organizada en seccións especializadas que recollen informacións actualizadas semanalmente de Bioloxía Celular, Xenética, Ecoloxía, Medicina, Nutrición, Xeoloxía e actividades didácticas e de investigación a niveis de ensinanza media e universidade.

En breve, terá servicio de envío de titulares de noticias de forma gratuita a todos aqueles que se subscriban á páxina nas direccións abaixo citadas.
Neste espazo inclúense tamén webs particulares que tratan varios temas con moita maior profundidade. Trátase das seccións seguintes:

Invitámoste, xunto cos seus alumnos e alumnas, a publicar aquí as túas experiencias e traballos. Para elo o noso e-mail é: biogeociencias@gmail.com. Os editores deste portal, que agora comeza a súa andaina, invitámoste a colaborar no noso proxecto e a difundilo entre a comunidade educativa: http://www.biogeociencias.com

Climántica

Proxecto que ofrece recursos como: “Prensa” (hemeroteca de novas diarias de EA desde que se publicou o proxecto e dispostas en categorías que coinciden coas unidades do proxecto), apartado “Formación” con ClimánticaMeteo que ofrece recursos para a meteoroloxía escoloar e que contén tamén” Climántica multimedia” (que xa contén unha unidade temática e o curso Moodle sobre cambio climático), “Centros” (contidos e ideas de centros que desenvolven o proxecto e queren participar), “Climántica tv” (no que poden verse xa dous documentais, un sobre cambio climático e outro sobre mobilidade e en setembro terá o paquete de documentais de Educación Enerxética) e “Descargas” (onde xa se poden descargar a unidade 1 por capítulos, o primeiro número do comic de EA, as presentacións do primeiro curso de formación&n e outros recursos diversos, sobre meteoroloxía, climatoloxía e cambio climático).

Laboratorio Virtual Ibercaja (LAV)

Proxecto que ten como obxetivo o ensino da Ciencia e a Tecnoloxía mediante as novas ferramentas da información e a comunicación. A súa principal actividade é o acceso gratuito a máis de 200 simulacións informáticas para a aprendizaxe da Ciencia e a Tecnoloxía nos niveis de ESO, Bachiller e Ciclos Formativos.

Videos Ciencia á Feira 2025/26

Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional de XuvenCiencia, aposta na súa terceira edición por formatos audiovisuais e redes sociais. Poñemos á vosa disposición os vídeos nesta listaxe de reprodución de YouTube

Estas son as temáticas que se abordan no curso 2025/2026: 

  1. Enfermidades transmitidas por carrachas, coñecelas é a chave para previlas. Explicaranse doenzas causadas polas carrachas cuxa incidencia resulta crecente na provincia de Lugo, como a enfermidade de Lyme, e describirase cando e onde son máis frecuentes, así como un protocolo correcto para a extracción, medidas de prevención e como actuar unha vez que se produciu a picada.
  2. Xestión sustentable da auga. O ciclo da auga, a pegada hídrica e como se xestiona a auga en Galicia serán os contidos incluídos nos materiais audiovisuais, nos que se darán a coñecer modelos racionais de xestión de auga doméstica e de que xeito se pode realizar esa xestión.
  3. Micorrizas e (micro)enxertos, ferramentas de produción vexetal. A utilidade histórica dos enxertos para a produción de froitos nas árbores e o concepto de microrriza e a súa función serán explicados de xeito sinxelo. Ademais, visualizaremos un microenxerto in vitro de castiñeiro empregando como patrón un híbrido resistente á enfermidade da tinta que afecta a esta árbore.
  4. A guerra contra as superbacterias. A resistencia aos antibióticos é unha das maiores ameazas para a saúde global que compromete a seguridade dos alimentos. Capturamos estas bacterias para poñelas baixo o microscopio e achegaremos pautas para loitar contra elas «dende a granxa ata a mesa».
  5. As velutinas e nós. Poñémoslles un cento de nomes coloquiais. As avespas asiáticas levan xa un tempo entre nós. Ameazan actividades agrarias e outros insectos, pero sabemos o seu impacto? Como as identificamos e que facemos se atopamos exemplares ou niños de velutinas?
  6. Mercados de carbono. Os bosques teñen un poder case que descoñecido que é a súa función como sumidoiros de carbono. Isto supón un activo importantísimo na loita contra o efecto invernadoiro e o cambio climático e representa unha oportunidade para o sector forestal.
  7. O monte é noso. Máis dunha quinta parte do territorio galego son montes veciñais en man común. É moi posible que na túa contorna haxa unha comunidade. Malia iso, seguen a ser un tipo de propiedade moi descoñecida. Adentrámonos nas características que a fan particular e nas condicións que definen a súa xestión.
  8. Mulleres STEM. Por que o estereotipo dunha persoa científica é un home branco de mediana idade, con bata branca e despeiteado? Abordamos os nosos prexuízos de xénero para demostrar que non hai campo do coñecemento que sexa alleo ás mulleres.

Ciencia á Feira desenvólvese grazas ao financiamento da FECYT e a área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Recursos bibliográficos

Atlas de Histoloxía Vexetal

Por Pablo Gómez Segade (Doctor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Catedrático de Ensinanzaa Secundaria na especialidade de Bioloxía e Xeoloxía).

O libro é de interese para profesores e alumnos da etapa da Educación Secundaria das materias Bioloxía e Xeoloxía do cuarto curso da ESO e do primeiro curso de bacharelato de Ciencias. Esta obra tamén pode ser moi útil tanto a estudiantes como a profesores universitarios de Histoloxía Vexetal ou Botánica de diferentes titulacións como Bioloxía, Inxeniería Agrícola, Farmacia, Maxisterio… En xeral, estos contidos poden ser útiles ó profesorado de outros niveis como Primaria e, máis aínda, de ciclos de Formación Profesional relacionados co mundo das plantas vexetais en xeral.

O corpo principal do atlas consta de máis de 140 microfotografías en cor, a maioría das cales a 600 ppp, obtidas cun microscopio dixital Olympus do Departamento de Bioloxía Animal da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, aínda que nalgún caso utilizouse tamén o microscopio dixital Motic DM-B1-223 aportado pola administración educativa da Xunta de Galicia aos centros de bacharelato. Inclúense microfotografías desde as cianobacterias ata as plantas superiores, pasando por fungos, musgos, hepáticas e fentos. Nas plantas trátanse todos os tipos de texidos e seccións das distintas partes como raíz, talo, folla e partes masculina e feminina da flor. O libro inclúe tamén unha sección de avaliación con recortes de varias das imaxes principais e preguntas relacionadas con elas, un anexo de fotos de microorganismos a grande aumento e un amplo índice alfabético sobre a terminoloxía botánica usada.

Cada fotografía inclúe unha lenda explicativa e sinalización detallada das estructuras contidas en elas.

O libro ofrécese a un prezo promocional para bibliotecas e centros educativos na web:
http://www.lulu.com/shop/search.ep?keyWords=Atlas+de+Histolog%C3%ADa+Vegetal&categoryId=200349

As Matemáticas e a Astronomía en Galicia, de Iván Fernández Pérez e José Ángel Docobo Durántez

Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago de Compostela.

Malia que poida semellar o contrario, o interese científico en certas áreas remóntase en Galicia a tempos antigos. Dende o século XVIII á actualidade, este libro achega o lector á historia da actividade docente e investigadora no eido das matemáticas e a astronomía de Galicia. Un minucioso percorrido por institucións e persoas, que recupera a obra e dimensión de figuras senlleiras no desenvolvemento das ciencias matemáticas, a astronomía e a astrofísica.

O libro pode adquirirse por 10 euros no Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela:
http://www3.usc.es/publicacionsusc/Tenda/Produto.asp?Page=4&Code=BD0033

Conceptos de Química

De Ediciones del Serbal

Abarca un curso de Química Xeral con multitude de cuestións de opción múltiple e solucións comentadas.

A Editorial pode realizar un 20 % de desconto aos membros de Enciga que queiran adquirir o libro.

Contar bien para vivir mejor

De RUBES EDITORIAL

Coa axuda dos consellos deste libro chegaremos a comprender que as matemáticas poden divertirnos, ensinarnos e convertirse na arma imprescindible para emprender a difícil tarea de vivir mellor.

Dificultades de aprendizaje del cálculo aritmético: una perspectiva educativa

En el libro se analiza el desarrollo de esta y las dificultades que pueden surgir a lo largo de este proceso. Posteriormente se presentan las aportaciones más relevantes para comprender estos trastornos en el aprendizaje, combinando diversas perspectivas desde ámbitos como la neurología cognitiva, la neurociencia, la psicometría y la psicología cognitiva, para centrarse en una perspectiva educativa.