Ángel Carracedo Xoves 17 de novembro ás 19h Conferencia: Xenes, enfermidade e historia de Galicia |
Recentemente investido como Doutor Honoris Causa pola universidade de Cantabria, Ángel Carracedo (Santa Comba, A Coruña, 1955) é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela.
É director, desde 1994, do Instituto de Medicina Legal da USC, dende o cal foron pioneiros en técnicas de xenética forense e xenómica comparada e de poboacións, sendo un grupo de referencia en todo o mundo.
Ensaísta de moi dilatada traxectoria, a súa produción científica recóllese en máis dunha decena de libros e centos de artigos nas máis prestixiosas revistas internacionais, como Nature, Science, Nature Genetics ou American Journal of Human Genetics, entre moitas outras.
Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS) e do Centro Nacional de Xenotipado, vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal e presidente da International Society for Forensic Genetics, entre outras responsabilidades de relevo, nas que tamén cómpre incluír as de editor da revista Forensci Science International: Genetics e a dirección de máis de medio cento de teses de doutoramento que hoxe son investigacións cruciais nas súas disciplinas.
O seu brillante labor foi recoñecido en numerosas ocasións. Así, no Premio Galicia de Investigación, o Premio Novoa Santos, a Medalla Galien ―o máis importante galardón en investigación farmacolóxica―, o Premio Rei Xaime I ―concedido por vinte premios Nobel―, a Medalla Castelao e a Medalla de Ouro de Galicia ou, recentemente, o Premio Nacional de Xenética, distincións ás que se suman a proposta da Xunta aos Premios Princesa de Asturias no 2022.
Francisco Javier Lema Fuentes (Chisco) |
Veterinario de profesión e naturalista por vocación. Francisco Javier Lema, máis coñecido como Chisco na vila de Corcubión, onde vive desde o seu nacemento. Tendo desde sempre admiración polos animais fai seguimento da determinadas especies da fauna da zona da Costa da Morte, nas comarcas de Fisterra, Soneira e Carnota-Muros. Sendo os preferidos o lobo e outros depredadores alados.
En relación ao mundo do lobo podemos consideralo como un autodidacta na observación do lobo desde fai máis de 25 anos. Participou como colaborador no censo do lobo da Costa da Morte do 2012-14 (Xunta de Galicia) e 2022 (en proxecto). Tamén colaborou no estudo e seguimento do lobo en proxectos ambientais (autoestradas, AVE).
É divulgador do mundo do lobo da Costa da Morte en varios colexios e institutos (Vimianzo, Muxía, Corcubión, Cee, Fisterra, Ponteceso); formación continuada da Deputación da Coruña; Xornadas do Lobo en Santa Comba; Xornadas do Lobo en Cotobade; Xornadas en Castro Laboreiro (Portugal), xornadas de Asociación Micolóxica Pan de Raposo.
Coautor e colaborador de varios artigos científicos sobre o lobo, así como autor de vídeos ambientais para diferentes entidades: Deputación de Lugo (As Feridas do Xallas; A Carballeira de Anllares, un ecosistema en perigo; O lobo, o último gran depredador.
Creador do canle de YouTube “De Re Naturae” e colaborador (cesión de imaxes) coa TVG “O Agro” e outros; Escarabajo Verde (TVE2).
Marta Macho Stadler |
Marta Macho Stadler (Bilbao, 1962) é profesora da Universidade do País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU) e doutora en Matemáticas pola Universidade Claude Bernard de Lyon (Francia). É especialista en topoloxía.
Interesada na divulgación da ciencia, participa desde fai anos en diversas actividades en universidades, institucións científicas, centros culturais ou de ensino. Colabora tamén en distintos medios de comunicación, como o programa La mecánica del caracol en Radio Euskadi ou a Red de Científicas Comunicadoras de El Periódico en colaboración coa Fundación Esteve. Coordina as seccións de “Literatura y Matemáticas” e de “Teatro y Matemáticas” no portal DivulgaMAT. É editora do blogue Mujeres con ciencia da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU.
En 2015 recibíu o Premio Igualdad da Universidade de Alacante ‘polas súas actuacións defensa da igualdade entre mulleres e homes e, en particular, polas súas accións de carácter docente e divulgativo a favor da visibilización da aportación das mulleres científicas non só na Academia, senón tamén no progreso social’. Tamén se lle concedeu unha das Medallas de la Real Sociedad Matemática Española na súa primeira edición, ‘polo seu labor de divulgación das matemáticas, polo seu compromiso coa igualdade e por tender pontes entre os profesores de matemáticas de diferentes niveis educativos.’ En 2016 concedéuselle o Premio Emakunde ‘pola súa traxectoria científica orientada a divulgar e promover o achegamento da matemática e do coñecemento científico ás mulleres, así como por visibilizar e reivindicar ás mulleres científicas e as súas aportacións tanto á Academia como ao progreso social.’ En 2019 recibiu o nombramento de Ilustre de Bilbao «polo seu labor como divulgadora científica e por visibilizar o papel das mulleres na ciencia». En 2021 quedou finalista na XVII edición dos premios Avanzadoras (de Oxfam-Intermón e 20minutos) cuio obxectivo é visibilizar ás mulleres que constrúen un mundo máis xusto e igualitario. Foi recoñecida polas súas aportacións en Mujeres con ciencia visibilizando ás científicas de onte e de hoxe.
Juan Ramón Vidal Romaní |
Especialista en Xeoloxía do Cuaternario e Xeomorfoloxía de Rocas Graníticas, Glaciarismo, Liñas de costa, Biodeterioro do granito en ambientes subterráneos e superficiais, datacións con cosmoxénicos terrestres (21Ne), de sedimentos areosos por O.S.L., aplicación de técnicas de Bioloxía molecular para o estudo de procesos xeolóxicos, estudio de series paleoclimáticas do Pleistoceno.
Director de 23 teses de doutoramento. É autor de 176 artigos e de 100 libros internacionais. Colaborador en periódicos nacionais con artigos de divulgación e opinión.
Conferenciante en centros de ensino de Galicia de todos os niveis educativos.
Foi director do Departamento de Xeoloxía da Universidade da Coruña do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña. Profesor visitante nas Universidades de Adelaide (South Australia), Universidades de Porto e de Minho (Portugal), Rio Cuarto e Córdoba (República Argentina), Danham (República de Irán) e Qingdao (República de China).
Editor científico da Revista Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e da Serie Nova Terra. Presidente da Sociedad Española de Geomorfología. Membro fundador de: Sociedad Española de Mineralogía, Asociación Española para el Estudio del Cuaternario, Sociedad Española de Geomorfología, Sociedad Geológica de España. Premio da Crítica 1990; Premio Alejandro Novo. Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía. Premio Nobel da Paz 2007 como membro do IPCC (España); Premio Osíxeno 2007 ADEGA. Colexiado de Honra do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos de España. ORCID (0000-0001-7158-4945).