Lugar de celebración
Datas
Coordinadores
Correo web para o Congreso: congreso35@enciga.org
Inscrición aquí. Máis información no menú da esquerda: XXXV Congreso |
Carta de presentación (pdf)
O querer coñecer… esa pequena curiosidade… foi a forza motora orixinal para desenvolver o que hoxe chamamos ciencia.
Ishigami Senku
Benqueridos cientófilos e cientófilas:
Estades todos convidados neste 2022 ao IES Eduardo Pondal de Ponteceso, o centro educativo que acollerá nos días 17, 18 e 19 de novembro o XXXV Congreso da ENCIGA.
Nestas xornadas cheas de coñecemento e ciencia non só recibiremos a grandes eminencias de distintos ámbitos, senón que tamén gozaremos con interesantes proxectos e entretidas charlas nun entorno idílico onde a presenza do Pondal é case omnipresente.
Estas terras bergantiñás, que foron cantadas antano polo bardo, acóllenvos con gran ledicia e entusiasmo. Nelas poderedes incluso saborear a gastronomía local mentres paseades pola fermosa desembocadura do Anllóns.
Ademais, neste ano celebraremos o centenario do nacemento do bioquímico Stanley Cohen, clave na comprensión do noso sistema nervioso, e os 60 anos da morte do físico Niels Bohr, quen propuxo un dos primeiros modelos atómicos.
Por iso e por moitas outras experiencias non vos podedes perder esta cita, agardamos a vosa presenza cun gran sorriso.
Non esquezades presentar traballos: relatorios, obradoiros, carteis ou todo o que xulguedes oportuno. Os traballos enviaranse ao correo: congreso35@enciga.org
Na páxina web de ENCIGA (www.enciga.org) poderedes consultar o formato e prazos de presentación dos traballos, así como formalizar a vosa inscrición ao congreso.
Coordinadores:
- Mª Teresa Varela Abelenda
- Andrés López Fontán