Congresos Enciga

Visitas Guiadas

Os autobuses sairán do IES Eduardo Pondal de Ponteceso ás 10 da mañá. O número máximo de prazas en cada unha delas é de 55.

Visita 1: Malpica

Visita á vila de Malpica e á Casa do Pescador desta localidade. Desde aquí
dirixirémonos a Buño, parando de camiño no mirador de Santo Hadrián. En Buño,
visitarase o Centro de Artesanía e Tradición facendo un percorrido polos obradoiros e tendas de olería.

 

Visita 2: Ponteceso

Visita á Aldea do Couto (inclúe Fundación Pondal, paseo pola contorna…). A continuación, farase en autobús a ruta dos miradoiros: Faro de Brantuas (inclúe para quen queira ascenso interior pola escaleira de caracol), Faro Roncudo, subida ao repetidor de Balarés (subida de aproximadamente 300 m desde onde deixa o autobús) e visita ao entorno da praia de Balarés. Ao remate, camiñata desde Balarés a Ponteceso polo Monte Branco.

Ruta de sendeirismo homologada PR-G 148. Camiño da ribeira. Do río Anllóns ao mar de Corme. Trátase do percorrido entre a Praia de Balarés e Ponteceso, cunha distancia de 5.5 km e dificultade baixa (2 h de duración). Pertence á Rede Natura 2000 da Unión Europea e é unha Zona Especial de Protección (ZEC) e Zona Especial de Protección para as Aves (ZEPA).

Se alguén non quixera facer a ruta (PR-G 148), pode regresar a Ponteceso en autobús.

Recoméndase levar calzado axeitado e cómodo para camiñar e roupa impermeable (mirar previsións metereolóxicas).

 

Visita 3: Cabana de Bergantiños

Visita ao Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro. Ruta do Rego dos muíños. E percorrido polo esteiro do Anllóns.

 

Visita 4: Laxe

Visita ao casco histórico de Laxe facendo paradas no Museo do Mar de Laxe, nalgún monumento declarado Ben de Interese Cultural de Galicia e na Lonxa. Paseo ata o Faro de Laxe e a Praia dos cristais (1,2 km aproximadamente). Desprazamento en autobús ata a parroquia de Traba onde se chegará camiñando ao espazo natural da Lagoa e Dunas da Praia de Traba, un senlleiro espazo costeiro, cun gran valor ambiental.

Recoméndase levar calzado cómodo e antiesvaradizo.