Congresos Enciga

Charla recursos

“Recursos Educativos en acción: presentación de novidades”
Venres 21 Novembro ás 16:00 horas 

  • Sesión Matemáticas: Creagal de matemáticas
    Relatora: Mª Jesús Casado Barrio 
  • Sesión Interdisciplinar: Conexións na Educación Científica: transferencia da  universidade a secundaria
    Relatora: Yolanda Golías Pérez 
  • Sesión Bioloxía e Xeoloxía: Creagal de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO
    Relatora: María Serramito Calo 
  • Sesión Interdisciplinar: Plataforma Ágora Dixital
    Relator: José Manuel Viñas Diéguez 

SOBRE OS RELATORES 

Mª JESÚS CASADO BARRIO 

Catedrática de matemáticas de secundaria, con destino no IES Francisco  Daviña Rey (Monforte), actualmente é asesora da Consellería de Educación,  Ciencia, Universidades e Formación Profesional e coordina o grupo de  elaboradores de matemáticas de secundaria do proxecto cREAgal. 

Docente desde o ano 1989, é membro da Asociación Galega do Profesorado  de Educación matemática (AGAPEMA) desde a súa creación. Impartiu  numerosos cursos e charlas sobre a súa materia, o currículo, e a aplicación das  TIC na docencia das matemáticas, así como o traballo por proxectos. Xunto  con outros docentes recibíu un premio a nivel nacional e outro a nivel galego  con proxectos vinculados a esta materia.

Respecto ao proxecto cREAgal: Trátase dun proxecto da Consellería de  Educación que consiste na creación de REAS con situacións de aprendizaxe  nas que se traballa o currículo galego das materias de 5º e 6º de primaria e os  catro cursos de secundaria. Iniciouse en 2024 e na actualidade ten cubertas 

aproximadamente a metade das materias deses cursos no repositorio de  contidos educativos da Consellería de Educación (https://espazoabalar.edu.xunta.gal/creagal). Espérase telas todas no ano  2027. As situacións, creadas en eXeLearning, están feitas por profesorado  galego, conteñen actividades editables, accesibles e modificables. Todas con  licenza CC-BY-NC-SA.  

Máis información na web do proxecto (https://espazoabalar.edu.xunta.gal/creagal). 

YOLANDA GOLÍAS PÉREZ 

Coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade  da Coruña, doutora en Didáctica das Ciencias Experimentais, licenciada en  Química e técnica superior en Educación e Control Ambiental. Con máis de  vinte anos de experiencia en educación científica, iniciouse nos Museos  Científicos Coruñeses, onde desenvolveu obradoiros e proxectos europeos e  internacionais. Centrou o seu labor en adaptar contidos complexos a distintos  niveis educativos mediante a experimentación e a aprendizaxe activa. Nos  últimos cinco anos coordinou o Itinerario de Ciencias Experimentais no  Mestrado de Profesorado, promovendo a transferencia efectiva de  coñecemento entre a universidade e a secundaria 

MARÍA SERRAMITO CALO 

Profesora de Bioloxía e Xeoloxía desde 2018 na educación pública en Galicia,  é na actualidade profesora no IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago  de Compostela.  

Participou no grupo de traballo da elaboración dos currículos oficiais de  Galicia e das exemplificacións de programacións didácticas en Proens de  todas as materias da área de Bioloxía e Xeoloxía. Ademais, ten experiencia  como asesora do Servizo de Ordenación Educativa na Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no que se  elaboraron os decretos oficiais de currículo e as ordes de  desenvolvemento correspondentes. Neste servizo tamén se levou a cabo o  deseño e actualización da aplicación Proens

Participa no grupo de traballo de cREAgal de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO,  onde se fixo un deseño paralelo deste recurso educativo coa programación  didáctica modelo de Proens.

JOSÉ MANUEL VIÑAS DIÉGUEZ 

É profesor de Bioloxía e Xeoloxía no IES David Buján de Cambre (A Coruña) e  asesor no Centro de Innovación Educativa e Dixital da Consellería de  Educación. Realizou estadías formativas en Ottawa e San Francisco, onde se  especializou en metodoloxía indagativa e ciencia cidadá. Participou en accións  de formación con European Schoolnet, CEFIRE, Elhuyar, CENEAM e  MediaLabPrado. Foi mentor en proxectos internacionais como WorldBiotech e  Design Squad Global da ASTC e actualmente é embaixador do proxecto  europeo Scientix. 

Para saber máis: https://www.linkedin.com/in/josé-viñas-diéguez-b5621658