Congresos Enciga

Visitas guiadas

RUTA 1: Visita guiada a Inasus, Tecglass e Castro Tecnolóxico

Número máximo de participantes: 25

Saída en autobús dende instituto: 10:00 h

A ruta finalizará no Concello de Lalín

Tempo estimado: 3h

Profesor acompañante: Javier Enjamio

Descrición

Fotografías

INASUS S.L fundouse no ano 1979 en Lalín, como unha compañía dedicada á aplicación do aluminio para a construción. Nos seus inicios contaba con tan só seis traballadores e cunhas instalacións de 200 m2.

Co paso dos anos, INASUS apostou polo deseño, a fabricación e a execución en obra de fachadas especiais, alcanzando unha importante cota no mercado nacional e tamén no internacional. A chave deste éxito foron os seus recursos humanos, a súa aposta por incorporar a tecnoloxía máis avanzada,  uns altos estándares de calidade e a innovación.

https://www.inasus.com/

TECGLASS S.L é unha empresa especializada na produción de maquinaria e compoñentes de elevado contido tecnolóxico para a impresión dixital sobre vidro.

Fundada en 2002 por un grupo de profesionais con experiencia e coñecemento deste sector industrial, nos últimos anos Tecglass superou os procedementos tradicionais de decoración e ofrece unha ferramenta sinxela e eficiente para aplicación de motivos gráficos e imaxes fotográficas directamente sobre vidro. Deste xeito, permite empregar tintas cerámicas para uso en interiores e exteriores sobre placas de calquera tamaño.

Con recursos humanos da comarca, Tecglass é un referente mundial neste sector.

https://www.tecglassdigital.com

O Castro Tecnolóxico, que alberga o Concello de Lalín, é unha referencia arquitectonica do século XXI a nivel mundial construido polos arquitectos Luis M. Mansilla e Emilio Tuñón.  A súa construción semella a das antigas edificacións castrexas.

Inaugurouse en 2013, ano no que resultou premiado pola XII Bienal de Arquitectura e Urbanismo de España.

Imaxes de:

http://lalin.gal/

 


RUTA 2: Visita guiada a Kalekoi,  Embutidos Lalinense e Museo Municipal

Número máximo de participantes: 20

Saída en autobús dende instituto: 10:00 h

A ruta finalizará no Museo Municipal de Lalín

Tempo estimado: 3h

Profesor acompañante: Eva Vilas

Descrición

Fotografías

Kalekoi é unha empresa que se funda en 2016 da man de dous xoves emprendedores de Lalín e que se dedica á elaboración de iogures artesanais empregando leite 100% galego. Este proxecto empresarial recibiu diversos galardóns e os seus produtos pódense adquirir en pequenos establecementos de varias localidades galegas.

http://www.kalekoi.com/index.php

Embutidos Lalinense é unha empresa familiar que nace en 1949 na comarca do Deza. Elabora embutidos de xeito tradicional, que se caracteriza polo atado manual e o afumado con leña de carballo.

Combinando tradición e modernidade, desenvolve innovadores produtos como friames de lacón con grelos e chourizo e conservas de cocido e lacón con grelos, recoñecidas con diversos premios.

https://www.embutidoslalinense.com/

O Museo Municipal de Lalín inaugurouse o 30 de novembro de 1989, adaptándose para tal fin o edificio do século XIX con xardín que pertenceu ao sabio astrónomo Ramón Mª Aller Ulloa, e onde se emprazou o primeiro Observatorio Astronómico de Galicia.

Está dedicado a tres dos fillos ilustres de Lalín: D. Ramón Mª Aller Ulloa, Joaquín Loriga e Laxeiro.

En 2010 levouse a cabo un proxecto para recuperar o observatorio astronómico coa reforma da cúpula, recuperando a madeira orixinal, e a instalación dun telescopio Planewave de 0,51m de apertura. Na actualidade acolle actividades periódicas de difusión e educación no eido da astronomía.

http://museos.xunta.gal/es/ramon-maria-aller

Imaxe de:

http://www.santiagoturismo.com/museos/museo-municipal-ramon-maria-aller

 


Ruta 3.- Visita guiada ao laboratorio, a granxa e a planta de biogás da Finca Mouriscade

http://www.mouriscade.depo.gal/es

Número máximo de participantes: 45

Saída en autobús dende o instituto: 10:00h

Tempo estimado: 3h

Recomendacións: Roupa e calzado cómodo

Profesor acompañante: Natalia Fernández

Descrición

Fotografías

A actividade diaria do laboratorio da Finca Mouriscade céntrase fundamentalmente na realización de análises de alimentación animal para mellorar a rendibilidade das explotacións gandeiras.

A liña de análises permítelles a gandeiros, cooperativas e industrias coñecer, coa máxima fiabilidade, os valores nutricionais da manutención das súas reses, para optimizala e favorecer que as explotacións sexan cada vez máis modernas e competitivas nos mercados.

No laboratorio  tamén se realizan análises de augas nas que se detectan E. coli, coliformes, así como nitratos, nitritos ou se determina a súa condutividade, entre outros parámetros.

Finalmente, tamén existe unha liña de identificación de xermes en leite causantes da mamite e realízanse antibiogramas.

A Finca Mouriscade ten un servizo de implantación de embrións tanto propios coma alleos. Os animais dos que se extraen os embrións, titularidade da Deputación, están cualificados cun elevado índice ICO a nivel estatal. Este servizo permítelles aos gandeiros da provincia de Pontevedra implantar, na súa explotación, embrións procedentes dos animais seleccionados da Finca Mouriscade, para mellorar a xenética da súa explotación e incrementar así as capacidades produtivas e de calidade do seu gando.

A planta de biogás da Finca Mouriscade foi instalada en 2013 para o tratamento biolóxico de residuos orgánicos co xurro da gandería e os restos das mostras do laboratorio. A instalación está preparada para producir 30 kw/h, utilizados para o autoconsumo no centro.

A planta de biogás, transcorridos uns días, a través dun proceso biolóxico en ausencia de osíxeno, permite obter un dixestato con mellores características que o fertilizante de partida.

 

 

Ruta 4: Pazo de Liñares, Museo Etnográfico Casa do Patrón e ruta de sendeirismo pola área recreativa de Mouriscade

Número máximo de participantes: 45

Saída en autobús dende o instituto: 10:00h

Tempo estimado: 3h

Dificultade da ruta: Baixa

Recomendacións: Roupa e calzado cómodo

Profesor acompañante: Javier Montoto

Descrición

Fotografías

O Pazo de Liñares é unha edificación barroca co século XVII fundada por Álvaro Núñez Taboada e cuna do aviador Joaquín Loriga Taboada.

A partir de 1920 foi cambiando de propietarios e entrando pouco a pouco en decadencia.

En 2001 foi adquirido polo Concello de Lalín e declarado BIC en 2009. A súa rehabilitación comezou en 2011 e abriuse ao público en 2014. Na actualidade alberga o Museo Galego da Marioneta.

https://www.galiciamaxica.eu

O Museo Etnográfico Casa do Patrón conta con máis de 2000m2 de exposición distribuídos en tres edificacións. O Museo dispón de trece salas organizadas por temáticas, no que se poden observar antigas escolas, estilos de vida dos nosos devanceiros, unha taberna, un forno ou unha forxa tradicional.

O Castro de Doade, coñecido como “Aurela do Castro”, é un recinto no que se fixeron varias escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo.

http://museoetnografico.net

A área recreativa de Mouriscade está situada nun entorno de gran beleza paisaxística por onde discorre o río Asneiro. Conta cun albergue xuvenil, un club de hípica e un merendeiro. Unha ruta circular de sendeirismo permítenos gozar dun agradable paseo e descubrir un cruceiro, unha ponte, un muíño e flora autóctona.

Imaxes de:

https://www.galiciamaxica.eu

 

Ruta 5: Historia de Lalín a través do seu patrimonio cultural

Número máximo de participantes: 45

Saída en autobús dende o instituto: 10:00h

Tempo estimado: 4h

Recomendacións: Roupa e calzado cómodo

Profesor acompañante: Jorge Cepeda

Descrición

Fotografías

Castro e  Castriño de Bendoiro

O Castro presenta un único recinto de forma ovalada rodeado en todo o seu perímetro por un terraplén. No seu interior aprécianse varios afloramentos rochosos. O Castriño atópase a 100 metros.  

O marco temporal deste xacemento sitúase entre os séculos IV e I a.C. Os arqueólogos exhumaron dúas estruturas na contorna do castro ás que se lles atribúe unha función funeraria na Idade de Ferro.

https://lh3.googleusercontent.com/WtPvxdEn1VvtsCyiVGW1VzsK8Hp-HMv_PqSnv5xSMVO1Q7GGwdMHjIiXn7YAfBpXJpqbOSKFocSdSb4ll93frPQRKOrzd9zTc_1AT__Uh3rGEfhgEzK2uri-a6EK1LSzAByvspWw

O Pazo de Liñares é unha edificación barroca co século XVII fundada por Álvaro Núñez Taboada e cuna do aviador Joaquín Loriga Taboada.

En 2001 foi adquirido polo Concello de Lalín e declarado BIC en 2009. A súa rehabilitación comezou en 2011 e abriuse ao público en 2014. Na actualidade alberga o Centro de Cultura Castrexa.

https://lh6.googleusercontent.com/CPg4N72MJW_mxb8vUf6vSo8KjHfzkEeA72VprCLaW0slqusp9PtqeAb-OWOJsSvG_HKlpPceBWDBVTV3CLDTWql-KYCoCVoo0w7lLD0J6HFRJuIMeKqVQ1Qb5ReJ3SNA5mzC-uYc

O Pazo de Bendoiro, recuperado para turismo rural, conformaba unha impresionante edificación amurallada cun gran patio interior e unha solaina. As súas orixes remóntanse ao século XVI. No escudo oval, que preside a entrada principal, figuran as armas dos Taboada, Arias, Camba, López de Lemos e Churruchaos.

https://lh4.googleusercontent.com/FOxI4xYkjT7UTVHS3YoR20K53JWyOvBk2JuKjBtrXLu2J64b3Wk95QfJpxwMQFnOp8GfpXUJEPFd7XpS-kZN4rAX8KWCcNlCUFOBsLLis5xKBy3NOB0_atwd3GsSaSHGWNcehIgI

O mosteiro San Martiño de Lalín de arriba foi fundado polo bispo de Mondoñedo Arias Peláez como lugar de retiro temporal. Aínda que non se coñece a data exacta da súa fundación, estímase que sucedeu entre 973 e 1007.

A mediados do século X o colono Lalino, do que tomou nome o lugar de Lalín, traballaba as terras nas que despois se construiría o mosteiro.

https://lh5.googleusercontent.com/V6xKkmyDhMYlUABcNxMHpiYOkUFnZiYhNh7ZOpz-YdbP4G-TgzXmRP0oDICkiZ8OMe6wKS9AC7Nyo6lTsL4-Jj1cTux1Yap1XB-lw48W7vdbUxAu6lYa7aJxGsym1U5JQNXav235

Paseo polo centro de Lalín onde veremos os monumentos a Joaquín Loriga e Ramón Aller Ulloa, realizados polo escultor Asorey, e a estatua do porco de Lalín de Manolo Rial. Na Praza das Pipas falaremos da desparecida torre fortaleza do Deza.

https://lh5.googleusercontent.com/S_-PHBxFjB0cTivOAQy88u-N2gAwJEcR70f7zmdftVceMg9iOyHUQ9wNbyOJitsKk-IVWTvBQTh2wfQdrNh4XgiZroPkArXHqKz644jqM6zNj4FdfIDOMixPZ1_TcQn7cRr1x-LX