FORMATO DOS TRABALLOS
NORMA UNE 50-104-94
(para publicacións)
Normas para a presentación dos traballos
- Os autores de comunicacións, obradoiros ou exposicións, deberán enviar por correo electrónico ao enderezo congreso31@enciga.org
- Un RESUMO DO RELATORIO que presentará e reflectirá o contido do mesmo, cunha extensión máxima de 1,5 páxinas en A4 e acorde co formato indicado máis abaixo
- RELATORIO COMPLETO. Poderanse escribir os relatorios sen número límite de páxinas, fotos, gráficos, presentacións, etc. Publicaranse sen tratamento de ningún tipo, tal e como se reciban.
- Enviaranse os dous arquivos ao enderezo electrónico sinalado, nomeados deste xeito: “Apelidos e Nome do primeiro autor, CC/RE e TÍTULO BREVE” (CC/RE segundo sexa Comunicación Completa ou REsumo).
- Exemplo: “Feliz Pérez José, CC, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”, e “Feliz Pérez José, RE, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”.
- Pódese engadir un breve Abstract en inglés ao principio.
- Dos CARTEIS enviarase unha foto nun arquivo gráfico.
Formato dos arquivos
- Tanto o resumo como o relatorio completo terán o TÍTULO, os AUTORES e o CENTRO DE TRABALLO destacados na cabeceira.
- Formato: DIN A4, archivo con extensión doc, todas as marxes de 2,5 cm, tipo de letra Times New Roman (12 pt); se se usa algún outro tipo de letra debe incrustarse ou enviar o tipo de letra aparte. As ilustracións en formato JPG (incrustadas no mesmo arquivo de word, con calidade suficiente para imprenta, mínimo 200 puntos).
- Seguirán as Normas UNE 50-103-90 (Preparación de resumos) e UNE 50-104-94 (Referencias bibliográficas).