VISITA Nº 1 : COREN
Coren é unha Cooperativa que foi evolucionando e crecendo, converténdose así, na Cooperativa Agroalimentaria máis importante de todo o panorama nacional. Un grupo líder que conseguiu diversificar as súas liñas de negocio ata gañar a presenza sobresaínte nos mercados da avicultura, o porcino e o vacún erixíndose como unha empresa pioneira en canto a trazabilidade e seguridade alimentaria se refire.
Visitaremos o Centro de Procesado Avícola, a Fábrica de Pensos e o Laboratorio do Parque Tecnolóxico
No Centro de Procesado de Avicultura veremos diversos puntos do proceso: Eviscerado, Despiece, Elaborados, Stock de produto terminado, Expedición, etc
Na Fábrica de Pensos un esquema xeral do proceso de fabricación
No Laboratorio: Investigación, Control de Calidad, Técnicas analíticas, etc
Máximo : 30 personas
Máis información: http://www.coren.es/grupo-coren
VISITA Nº 2 : Dúas empresas do parque Tecnolóxico de Galicia
HISPAMOLDES
Especialistas en deseño e fabricación de todo tipo de moldes para inxección (estándar, rotativos, bimateria, inxección sobre tecido, sandwich …), de grandes dimensións e complexidade no deseño e fabricación achegando a propia experiencia e solucións a medida.
GAÉLICA SOLAR
Empresa con tecnoloxía punteira en Enerxías Renovables, de enxeñería / arquitectura e traballos singulares de I+D+i. Entre os seus desenvolvementos encóntranse: parques fotovoltaicos de última xeración, plantas de biogás a partir de gasificación de biomasa, xestión eólica e minieólica mariña, naves fotovoltaicas autoamortizables, equipos autónomos de enerxías renovables, microcentrais hidráulicas, etc.
Máximo : 20 personas
Máis información: www.hispamoldes.com
VISITA Nº 3 : GALICIENCIA 2013
Oitava edición deste certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e Educación Especial.
Na Galiciencia os mozos estudantes achegaranse á ciencia e á tecnoloxía desde diferentes perspectivas: como protagonistas na Exhibición de Proxectos, participando en 4 talleres didácticos vinculados á temática da auga, 1 espectáculo de ciencia, 1 taller de periodismo científico e varios concursos.
Máximo : 30 personas
Máis información : http://www.tecnopole.es/?q=gl/galiciencia
VISITA Nº 4 : Ruta da Esmorga
Percorrido Urbano visitando ss espacios xeográficos que percorren os protagonistas -e nos que o Clube Alexandre Bóveda colocou as placas cos fragmentos das obras- da novela de Eduardo Blanco Amor. Duración: 2 horas .
Ó remate posibilidade de baño na piscina termal das Burgas
Máximo : 25 personas
Máis información : http://www.ourense.travel/uploads/tx_rgrepositorio/Roteiro_BlancoAmor.pdf
VISITA Nº 5 : Ruta Monumental
Percorrido histórico pola zona vella de Ourense a través das rúas, prazas e principais monumentos<. Claustro de San Francisco, Prazo Ferro, Catedral, Praza Maior, As Burgas…. Duración: 2 horas.
Ó remate posibilidade de baño na piscina termal das Burgas.
Máximo : 40 personas
Máis información :
http://www.ourense.travel/uploads/tx_rgrepositorio/2013-01-21_Monumental.pdf
VISITA Nº 6 : Ruta Termal
Percorrido polas instalacións termais de Ourense e explicación da súa historia e funcionamento. Fonte das Burgas, Piscina das Burgas, Termas da Chavasqueira, Fonte do Tinteiro, Pozas do Muiño e Termas de Outariz. En función do número de participantes posibilidade de utilizar o Tren das Termas.
Posibilidade de baño termal nas termas de Outariz.
Máximo : 30 personas
Máis información :
http://www.ourense.travel/uploads/tx_rgrepositorio/Termal_GL.pdf