Congresos Enciga

Oradores invitados ao XXVI Congreso de ENCIGA

COMERCIO ELECTRÓNICO EN LA WEB

INFORMÁTICA: CIENCIA V.S. TECNOLOXÍA … OU SOBRE COMO MOTIVAR OS ALUMNOS RESOLVENDO PROBLEMAS COTIÁNS DE ÁMBITO CIENTÍFICO

Dr. Florentino Fdez-Riverola
http://sing.ei.uvigo.es/riverola@uvigo.es

… outro curso académico, novos estudantes e unha vez máis o reto de motivar o alumnado para conseguir profesionais cualificados cunha mente inquieta. Desafío nada sinxelo nos tempos que corren, pero deber inexcusable de todo docente vocacional. Reflexións dunha ducia de anos do relator que se formou cando non existía Internet…

Aínda que a informática se poida definir de forma sinxela como unha ciencia que estuda métodos, procesos e técnicas co obxectivo de almacenar, procesar e transmitir información e datos en formato dixital, a realidade actual é que nela converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación, metodoloxías para o desenvolvemento de software, a arquitectura de computadores, as redes de computadores, a intelixencia artificial e certas cuestións relacionadas coa electrónica.

Dada a crecente complexidade e o aumento da importancia no desenvolvemento de software crítico nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica, a formación de novos profesionais universitarios dotados de motivación específica para a resolución de problemas en distintas áreas de coñecemento amósase fundamental.

Nesta charla presentaranse diversos proxectos aplicados que se levaron a cabo dende o grupo de investigación SING (Sistemas Informáticos de Nova Xeración) para a resolución de problemas tan dispares como a posibilidade de predicir a aparición de mareas vermellas nas nosas costas, a anotación automática de documentos científicos, a clasificación de doentes con cancro a partir de información xenética, a identificación de correo luxado, o desenvolvemento de novos módulos de soporte intelixente para Moodle, a detección automática de infeccións nosocomiais en centros hospitalarios, etc.

En todos eles, a participación activa do alumnado de primeiro e segundo ciclo de Enxeñaría Informática, Graduado en Enxeñaría Informática e alumnos de terceiro ciclo foi fundamental, pois permitiulles complementar a súa formación e adquirir coñecementos e aptitudes que van máis aló do estudado nas aulas de teoría e práctica.

Formación

  • Naceu en 1973 en Langen-Hessen (Alemaña). Estudou o Bacharelato no IES Eduardo Blanco Amor
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo (1994).
  • Enxeñeiro en Informática pola Universidade de Oviedo (1999).
  • Diploma de Estudos Avanzados (2001).
  • Doutor pola Universidade de Vigo (2002) e premio extraordinario de doutoramento.

Profesional

  • Analista programador na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Xunta de Galicia (1998-1999).
  • Profesor invitado do Departamento de Informática da Universidade de Vigo (1998, 1999, 2000).
  • Profesor Axudante de Escola Universitaria do Departamento de Informática da Universidade de Vigo (2000).
  • Profesor Asociado a Tempo Completo (T2-TC) do Departamento de Informática da Universidade de Vigo (2000-2006).
  • Profesor Contratado Doutor do Departamento de Informática da Universidade de Vigo (2006-2009).
  • Profesor Titular de Universidade do Departamento de Informática da Universidade de Vigo (2009-…)

Xestión

  • Subdirector da Escola Superior de Enxeñería Informática (2003-2006).
  • Director do CITI (Centro de Investigación, Transferencia e Innovación) da Universidade de Vigo (2009-2010).
  • Especialista avaliador de proxectos do sistema de certificación de proxectos I+D+i da ACIE: Axencia de Certificación en Innovación Española (2009-…).
  • Avaliador experto da ANEP: Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (2010-…).
  • Membro electo do Claustro da Universidade de Vigo (2010-…).

Acredicatións/habilitacións

Acreditado/Habilitado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) para as figuras de 

  • Profesor Colaborador (2003).
  • Profesor Axundante Doutor (2003).
  • Profesor Contratado Doutor (2006).
  • Profesor de Universidade Privada (2006).
  • Profesor Titular de Universidade, rama Enxeñería e Arquitectura (2008).
  • Profesor Catedrático de Universidade, rama Enxeñería e Arquitectura (2012).

 


 

Enseñanzas que nos regala el estudio de algunas secuencias repetitivas del genoma: no todo es doble hélice en el ADN

Dr. Francisco Boán Fernández         

 

Ya era bastante conocido que una cierta proporción del genoma y por tanto del ADN de los seres vivos estaba constituido por secuencias repetitivas del mismo. Esto es, motivos que se repiten a lo largo del genoma y que varían tanto en secuencia nucleotídica, como en tamaño y en dispersión. Lo que resultó ciertamente sorprendente con la publicación del primer borrador del genoma humano en febrero de 2001 es que este tipo de secuencias ocupaban algo más de la mitad de dicho genoma. Poco encaja esto con el inicial tratamiento de este de material genético como ADN “basura” y animaba a laboratorios, como es nuestro caso, que llevábamos ya cierto tiempo trabajando con este tipo de secuencias de ADN. Hoy se conocen muchos ejemplos de secuencias repetitivas que presentan determinadas funciones en las células. En la presente charla me centraré en un tipo concreto de estas secuencias repetitivas, los minisatélites, los cuales se encuentran ampliamente distribuidas en todos los seres vivos. Se caracterizan por que la unidad que se repite lo hace en tándem, variando de unos minisatélites a otros la secuencia del motivo repetitivo, el número de nucleótidos del mismo (de unos pocos a varias decenas) así como el número de repeticiones que integran el minisatélite. Algunas de estas secuencias son hipervariables, o sea, con muchas variantes diferentes en la población, lo que les confiere gran utilidad en identificación personal y medicina forense. Comentaremos de manera especial las circunstancias que durante el estudio de uno de estos minisatélites en nuestro laboratorio, nos llevó a trabajar con moléculas de ADN que presentan estructuras diferentes de la bien conocida y famosa doble hélice, los cuádruplex de ADN.

Curriculum Vitae

  • Licenciado en Biología por la USC.
  • Doctor en Biología (Bioquímica y Biología Molecular) por la USC, estudios relacionados en relación a la estimulación de la recombinación intramolecular por parte de secuencias minisatélite de ADN.
  • Catedrático de Ciencias Naturales en el IES Blanco Amor de Ourense.
  • Investigador en el Departamento de Bioquímica y Biología Molecular de la Facultad de Biología de la USC.
  • Publicación de trabajos en revistas científicas internacionales de bioquímica y biología molecular, biología evolutiva molecular, genética y ciencias forenses.
  • Codirector de varias tesis doctorales y tesina de licenciatura.
  • Participación en varios proyectos de investigación financiados por la Xunta de Galicia, el plan Nacional de Investigación y la Unión Europea.
  • Participación en varios congresos relacionados con mi disciplina investigadora.

 


 


 Física, Enxeñaría, Bacharelato e Universidade

 

Dr. Claudio Cerdeiriña Álvarez

http://www.claudiocerdeirina.com/

               Na procura dunha decisión acertada, o alumno de Bacharelato con talento para as Matemáticas e a Física disposto a cursar estudos universitarios precisa ter claro, primeiro, que a formación do físico está dirixida a entender os mecanismos básicos que gobernan os fenómenos naturais e, segundo, que Enxeñaría é toda aquela actividade encamiñada a converter o coñecemento en algo práctico. Neste contexto, compre salientar que unha boa parte das enxeñarías tradicionais mais importantes proceden da Ciencia Básica da Física. Exemplos moi coñecidos son a Enxeñería Mecánica, a Eléctrica ou a de Telecomunicacións, disciplinas que teñen moito de Física Aplicada. Por outra banda, a interdisciplinariedade é unha característica fundamental da Ciencia e a Tecnoloxía de hoxe en día, de xeito que físicos, químicos, biólogos, matemáticos e enxeñeiros están chamados a colaborar cara a superar os retos do futuro próximo.

O obxecto desta charla e expoñer aspectos que poidan ser de interese para o alumno de Ciencias que, na etapa do Bacharelato, vai ingresar na Universidade para cursar Física ou algunha das Enxeñarías relacionadas.

 Datos curriculares

  • Nado en Madrid en 1971. Estudou a Educación Xeral Básica nos Salesianos de Ourense e o Bacharelato no IES Eduardo Blanco  Amor.
  • Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (período 1989-1994).
  • Doutor en Física pola Universidade de Vigo (ano 2000).
  • Profesor da Universidade de Vigo dende 1998: Profesor Asociado no período 1998-2003 e Profesor Titular de Universidade dende 2003.
  • A súa actividade investigadora céntrase na Termodinámica e a Física Estatística de Sistemas en Estado Líquido.
  • Ten realizado estancias de investigación no estranxeiro, na Universidade Nacional Autónoma de México (2001, 2005), Universidade de Pau (2004), Universidade de Maryland (2005), UCLA (2007), Universidade de Princeton (2010) e Universidade de Cornell (2013).

 


 

A física de partículas, un exemplo: o experimento ATLAS no CERN

Dra. Teresa Fonseca Martín

 

 

– ¿Que estudia a física de partículas? ¿Por que é interesante?

Describiráse o dominio da física de partículas establecendo o vínculo do máis pequeno ó máis grande, esta física do máis pequeno axúdanos a entender os primeiros momentos do Big Bang e pode respostar a algunhas das preguntas abertas da astronomía e a cosmoloxía.

– ¿Como se fai?

Tomando o exemplo do experimento ATLAS no acelerador do LHC do CERN explicaráse como se pasa dos protóns acelerados no LHC a facer afirmacións sobre a existencia da partícula de Higgs. 

– ¿Onde está e cara onde vai?

Revisión rápida dos resultados máis recentes publicados e das grandes preguntas pendentes a medio e longo prazo.

 

CURRICULUM

  • Nace en 1976. Estudia o Bacharelato no IES “E. Blanco Amor”  de Ourense.
  • En 1998, licénciase en Física, especialidade de Partículas, pola USC. Participa no experimento NA59 no CERN.
  • En 2002, becada pola Fundación Barrié, obtén o Master of Science en Northwestern University (Estados Unidos).
  • En 2005 acada o doutorado na mesma universidade coa tese “First observation of the decay of the short kaon into neutral pion, muon and anti-muon at the NA48 experiment at CERN”.
  • En 2005, obtivo a CERN Research Fellowship e elixe utilizala para traballar no trigger do experimento ATLAS. Ten continuado no CERN en ATLAS como investigadora asociada na Royal Holloway University of London e na Universität Bern traballando nos grupos de Supersimetría (SUSY) e do trigger. Ten supervisado estudiantes dos programas HELEN (UE) e CERN summer student, tamen doutorandos de diversas universidades europeas. Viaxou a UAN (Colombia) e PUCC (Chile) para colaborar cos grupos que comenzaban no experimento ATLAS. Gosta de colaborar na divulgacion de física de altas enerxías.
  • Dende Agosto de 2012 ensina física na secundaria pública de Genève, no Collège Claparède e no Collège Calvin.