VISITA 1.- Cooperativa FEIRACO – Explotación gandeira (60 plazas)
FEIRACO é unha das cooperativas leiteiras galegas máis senlleiras. Foi fundada en 1968 e ten máis de 2000 socios. Na visita poderase observar todo o proceso de tratamento do leite para o seu envasado e para a obtención dos derivados lácteos, algúns dos cales poderán degustarse.
A visita guiada a unha explotación leiteira situada no concello de Mazaricos sorprenderá pola súa tecnoloxía punteira a nivel europeo.
VISITA 2.- Central do Tambre – Pranta de Tratamento Residuos (Lousame) (60 plazas)
A central hidroeléctrica do Tambre é un fermosísimo exemplo de arquitectura industrial de principios do século XX. Foi deseñada en 1927 polo famoso arquitecto Antonio Palacios. Atópase situada nun entorno natural de singular beleza, nun extremo do canón do Tambre, por onde que se fará un pequeño paseo tras visitar as instalacións.
A pranta de reciclaxe de residuos sólidos urbáns de Servia (Lousame) pertence á mancomunidade dos concellos de Muros, Noia, Ames, Brión, Pontecesures, Porto do Son, Carnota, Lousame e Rois e é xestionada pola empresa FCC. Fai unha aposta pola separación manual, a reciclaxe e a compostaxe, sendo a instalación que maior porcentaxe de lixo recicla de toda España.
VISITA 3.- Centro Loxístico do SERGAS – Cooperativa FEIRACO (30 plazas)
A plataforma loxística do SERGAS é, dende 2012, o centro de recepción, almacenaxe e distribución de todo o material médico funxible que se utiliza nos 25 hospitais e 447 centros de saúde dependentes da Consellería de Sanidade. Está xestionado pola empresa galega Servicio Móvil, ten unha superficie de 14000m2 e dispón de tecnoloxía de almacenaxe robotizada de última xeración.
VISITA 4.- Pazo do Cotón-Pontemaceira-Torres de Altamira (50 plazas)
Pontemaceira é un pintoresco pobo do concello de Negreira. Está situado na ribeira do Tambre e ten unha impresionante ponte medieval pola que transcorre o camiño de pelegrinaxe a Fisterra, Constitúe un dos poucos conxuntos arquitectónicos armónicos e ben conservados da nosa comunidade autónoma.
O pazo do Cotón está situado no centro de Negreira. Na súa orixe foi un castelo medieval e no s. XVII transformouse en residencia nobiliaria, conservando parte das súas antigas murallas, torreóns e escudos. Destaca a súa galería de pedra almenada con tres arcadas oxivais sobre a rúa principal do pobo.
As Torres de Altamira son as ruínas dun castelo do s.IX . Na idade media foi asediado e destruido en varias ocasións. Sufriu diversas reformas e ampliacións ata que no s. XVII foi abandonado polos seus propietarios, a noble familia dos Moscoso. Dende entón as súas pedras foron expoliadas para obras públicas e privadas ata 1973, ano en que foi comprado pola deputación da Coruña.