Ensinantes de Ciencias de Galicia
O NOSO obxectivo E melloraR a calidade no ensino na área de ciencias
Actualidade
Novas ENCIGA
Permanece contínuamente informado/a sobre toda a nosa actualidade, concursos, conferencias e cursos.
Segundo Campus de Verán Científico Técnico de Lugo
Segunda edición dun programa organizado e promovido polo profesorado no Campus de Lugo da USC e a través do que se pretende achegar a realidade universitaria e as investigacións desenvolvidas nos laboratorios a estudantes de ensino de secundaria e bacharelato a través dun ameno programa de aprendizaxe e convivencia. No arquivo adxunto tedes unha descrición máis detallada do programa.Este Campus de Verán Celebrarase do 23 ao 27 de xuño
Xeolodía 2014
Este ano o Xeolodía da provincia de Pontevedra está dedicado ao granito, un dos recursos naturais galegos por excelencia. Toda a xornada celébrase nunha área, O Porriño, cuxa actividade económica baséase na explotación desta rocha e que, con todo, conserva afloramentos naturais de granito de beleza singular. A actividade consistirá nun percorrido de catro paradas, co obxecto de explicar ao público en xeral o contexto xeolóxico do granito: orixe,
Clickonphysics
A web clickonphysics.es é froito dun Proxecto de Innovación (2011-2013) da Universidade de Vigo que xa presentaron varias veces nos congresos de ENCIGA e algúns cursos de formación de profesorado. Un traballo de colaboración entre profesorado e alumnado de primeiro curso das enxeñarías da Universidade de Vigo. Actualmente xa están completados os Proxectos de Física do primeiro cuatrimestre que faltaban do curso actual 2013-2014. Deste xeito, postos ao día,
Proyecto Una Cebra en el Agua
Trátase dun proxecto de mediación didáctica fundamentada no principio de educación baixo demanda, que surde co propósito de divulgar o método científico e as novas tecnoloxías biolóxicas de experimentación nun laboratorio de xenética, no que o estudiante ponse a bata de científico para mergullarse en situacións reais do mundo da investigación traballando en equipo como fan os científicos profesionais, xenerando productos e resultados. Ver máis información
Segunda edición do Congreso Xuvenil Internacional Oceántica14
Campus do Mar, co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), convoca a segunda edición do Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA, co obxectivo de sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático dirixido a estudantes de sexto curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade. Invitamos a todos/as os/as estudantes a participar neste
Sobre a asociación
Que é ENCIGA?
ENCIGA foi fundada o 16 de xaneiro de 1988, como unha asociación de profesores e profesoras de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios.
Faite socio
Faite socio e disfruta de todas as vantaxes de esta informado.
Actividades
Concursos, conferencias, Xornadas, congresos e actividades en xeral.
Congreso
Congreso ENCIGA.
Toda e información que precisas.
Recursos
Repositorio de recursos e documentación dispoñibles para a túa descarga.