Campus do Mar, co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), convoca a segunda edición do Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA, co obxectivo de sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático dirixido a estudantes de sexto curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade.
Invitamos a todos/as os/as estudantes a participar neste congreso enviando os seus traballos en calquera formato (presentación, vídeo, fotografía, banda deseñada, etc.) nos que se sensibilice á cidadanía sobre o cambio climático e demais retos aos que se enfronta o estudo do medio mariño. O prazo para participar remata o 30 de maio de 2014.
Os autores dos traballos máis valorados recibirán como premio a participación nun Campus Científico ? Divulgativo ? Social ? Artístico que combinará a realización de actividades formativas no eido da divulgación e a comunicación coa realización de excursións e actividades lúdicas, de convivencia e artísticas. Durante o campus tamén se desenvolverá unha obra de teatro musical que se presentará públicamente nun festival fin de campus.
Información sobre o Congreso: