Segunda edición dun programa organizado e promovido polo profesorado no Campus de Lugo da USC e a través do que se pretende achegar a realidade universitaria e as investigacións desenvolvidas nos laboratorios a estudantes de ensino de secundaria e bacharelato a través dun ameno programa de aprendizaxe e convivencia. No arquivo adxunto tedes unha descrición máis detallada do programa.
Este Campus de Verán Celebrarase do 23 ao 27 de xuño de 2014. Custa 40 euros, co xantar incluído, e, no caso de elixir alonxamento e manutención para toda a semana, o custo é de 120 euros por estudante.

No enlace http://www.usc.es/gl/cursos/campcientec podedes acceder a máis información así como á preinscrición (do 28 de abril ao 11 de maio, por orde de inscrición).