Novas Enciga

O Defensor do Pobo falla a favor de Paco Rañal

Adxúntase a carta que o noso compañeiro, socio e amigo, Paco Rañal, nos remitiu para darlle difusión entre as persoas asociadas a ENCIGA. Pensamos que o fallo do Defensor do Pobo a favor do noso compañeiro pode ser un fito importante. A Consellería ten un prazo dun mes -xa lle queda menos- para recurrir.

Lede primeiro a carta de Paco aos socios e logo lede as resolucións que -aínda que longas- paga moito a pena lelas por ser de interese para todo o profesorado.

Vai tamén a carta que Paco enviou á prensa.

Aproveitamos para desexarvos un bo fin de curso e mandarvos unha forte aperta

A Directiva de ENCIGA