BEGOÑA VILA COSTAS
CONFERENCIA: A exploración espacial: ensinándonos o Universo
Xoves 14 de novembro ás 19:30 horas
A Dra. Begoña Vila Costas é Enxeñeira Principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA (GSFC)/KBR encargada de dous dos instrumentos do Telescopio Espacial James Webb (JWST), un deles o Instrument de Guía (Fine Guidance Sensor) responsable da orientación e estabilidade do Observatorio. Traballa, tamén, como Enxeñeira de Sistemas no Telescopio Espacial Nancy Grace Roman (RST).
Recibiu o seu Doutoramento en Astrofísica na Universidade de Manchester (Jodrell Bank), UK, despois de facer a súa carreira en España (Santiago e Tenerife). A súa investigación centrouse na análise de curvas de rotación de galaxias espirais, actividade galáctica nuclear e abundancias estelares con observacións en lonxitudes de onda ópticas e de radio.
Estivo traballando en JWST desde o 2006. Foi a directora encargada da proba criogénica final de todos os instrumentos do JWST en Goddard e apoiou todas as probas no Centro Espacial de Johnson (Houston), en Northrop Grumman Space Systems (Os Angeles), no Centro de Lanzamento da Guayana Francesa e o período de comisión no Centrol de Control da Misión en STScI (Baltimore) e continua o seu apoio para o Instrumento de Guía durante as súas operacións. En RST está a coordinar a proba criogénica do Observatorio e apoiando o desenvolvemento das operacións de guía. Recibiu múltiples recoñecementos pola súa carreira incluíndo a Medalla da NASA para o Logro Público Exceptional (NASA Exceptional Public Achievement Medal) en 2016, o Premio Wonenburger da Xunta de Galicia en 2017, o Premio Gallego do Ano en 2019 e foi seleccionada como Top10 Mujeres Líderes españolas no Exterior by Mujeres&Cia en 2021, Lista de Forbes das 100 Mulleres máis Influentes en España en 2022 e 2023, Dama do Albariño en 2022, Embaixadora Honorífica Marca España en Ciencia e Innovación en 2022 e Medalla da NASA para o Servizo Público Exceptional en 2022 (NASA Exceptional Public Service Medal). Á parte do seu traballo, a Dra. Begoña Vila goza participando en eventos de comunicación e divulgación ao público acerca do JWST, RST, programas STEAM, ciencias, e outros, en español e en inglés.
XABIER CID VIDAL
Venres 15 de novembro ás 16:00 horas
CONFERENCIA: Cern: 70 Anos De Historia e Ciencia
Xabier Cid Vidal é un físico de partículas que traballa nos experimentos LHCb e Codex-b, do CERN. Xabier é na actualidade profesor titular no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC. A súa investigación sucedeu principalmente entre a USC e o CERN, onde pasou uns 5 anos.
Paralelamente á súa investigación científica, Xabier ten realizado numerosas actividades de divulgación para achegar o mundo da física de altas enerxías á sociedade. Entre elas destacan charlas en institutos, traballo nunha páxina web e máis de 15 artigos, publicados no Boletín das Ciencias, Physics Education e The Physics Teacher, entre outros.
SUSANA LADRA GONZÁLEZ
CONFERENCIA: Revolucionando a Aula: Como a Intelixencia Artificial Transforma a
Educación
Venres 15 de novembro ás 19:15 horas
Enxeñeira e Doutora en Informática e Graduada en Matemáticas, profesora titular na Facultade de Informática, investigadora do CITIC e adxunta de transferencia da Universidade da Coruña. É actualmente vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG).
As súas liñas de investigación desenvólvense na área da compresión de datos, a análise de algoritmos e estruturas de datos para bioinformática, bases de datos, minería de datos e recuperación de información. O seu labor investigador foi recoñecido polo Premio Ada Byron Joven á Muller Tecnóloga organizado pola Facultade de Enxeñería da Universidade de Deusto, especialmente polo seu papel en darlle prestixio ao desenvolvemento tecnolóxico e fomentar neste eido as vocacións femininas.
Colaboradora de actividades de divulgación da ciencia e promoción de vocacións científicas, entre elas a coordinación do programa STEMbach na Universidade da Coruña.
ANXO XOSÉ ANGUEIRA VITURRO
CONFERENCIA: Rosalía, a ciencia e a modernidade
Sábado 16 de novembro ás 13:00 horas
Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) en 1961, é profesor da Universidade de Vigo e desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro.
Publicou diferentes artigos e libros de investigación, centrados na obra de Méndez Ferrín, sobre a que fixo a tese, e no período de emerxencia do S. XVIII e XIX, Sarmiento e Rosalía de Castro especialmente, da que fixo a edición crítica da súa obra poética.
Como poeta leva publicadas cinco obras, nas que destacan O valo de Manselle (1996), Fóra do sagrado (2007) e Palmeiras, piueiros (2021).
Como narrador publicou diferentes contos e novelas, das que destacan Pensa nao (1999) e Iria (2012).
Foi membro fundador das Redes Escarlata e desde 2024 é membro da Real Academia Galega.