Congresos Enciga

Conferenciantes no 36 congreso ENCIGA

Serafín J. González Prieto

Xoves 23 de novembro ás 19:30 horas

CONFERENCIA: Pasado e presente dos valores ambientais da Limia

Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola USC en 1984 e Doutor en 1989. Actualmente é Investigador Científico do CSIC, dende xaneiro de 1993. Ten ocupado cargos de Vicedirector do IIAG-CSIC de 1998 a 2004 e Director de 2004 a 2008, así como de Vicedirector da Misión Biolóxica de Galicia-Santiago, CSIC dende maio 2023.

Participou como investigador en 30 proxectos de investigación. É autor de 83 artigos en revistas científicas, 26 capítulos de libros, 4 libros, 1 entrada en enciclopedia. Entre elas, destacan as súas 24 publicacións sobre o medio natural galego.

É Presidente da SGHN desde maio de 1995. Membro do equipo redactor dos proxectos de restauración de humidais, naturais ou artificiais que SGHN está a desenvolver na Limia.

 

Alejandro García Caballero

Venres 24 de novembro ás 16:00 horas

CONFERENCIA: O suicidio como “Wicked problem”. Dificultades na predición e estratexias de prevención

Psiquiatra e doutor en Medicina. A súa investigación principal é en Cognición social e suicidio, é autor de numerosos artigos internacionais, que lle levaron a recibir premios como Premio Ramón Piñeiro de Ensaio e o Premio Albert Jovell de Humanización en medicina polo programa de rehabilitación online e-motionaltraining Actualmente é o coordinador de programas de prevención e promoción da Saúde Mental do SERGAS.

 

Mabel Loza García

Venres 24 de novembro ás 19:00 horas

CONFERENCIA: Descubrimiento de fármacos en el siglo XXI. Empezando en secundaria

Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrática de Farmacoloxía da USC e coordinadora do grupo de investigación BioFarma. Ten participado activamente en programas de I+D de fármacos con diferentes empresas nos cales 17 novas entidades químicas (NEQ), chegaron a ensaios clínicos.

Autora de máis de 230 artigos publicados en revistas, e máis de 200 comunicacións a congresos. Participante en máis de 100 proxectos de investigación financiados por institucións públicas e privadas.

Como emprendedora promoveu a creación de varias compañías, creou a plataforma de cribado de fármacos de farmacoxenómica INNOPHARMA da USC, é Patrona fundadora e directora científica xunto con Ángel Carracedo da Fundación privada sen ánimo de lucro KÆRTOR, e lidera as Redes Galega e Española de Descubrimento de Fármacos (REGID e REDEFAR). É ademais a representante científica española do consorcio Europeo de Infraestruturas de investigación ERIC EU-OPENSCREEN.

 

Eduardo Sáenz de Cabezón

Sábado 25 de novembro ás 13:00 horas

CONFERENCIA: El espejismo de la mayoría

Licenciado en Teoloxía (1996), Licenciado en Matemáticas (2001) e Doutor en Matemáticas (2008). Tras nove anos como docente de secundaria, actualmente é Profesor Titular do Departamento de Matemáticas e Computación na Universidade de La Rioja (España).

A súa investigación desenvólvese na área de Álxebra Computacional, á que ten contribuído con diversos artigos no campo da homoloxía de ideais monomiais e as súas aplicacións. Xunto co profesor Henry Wynn, da London School of Economics da área de Fiabilidade Alxebraica, investigaron en Estatística Alxebraica e Modelos Matemáticos para o tratamento integrado de pragas.

Realiza labores de divulgación das matemáticas en distintos ámbitos, realiza charlas, comunicacións, obradoiros e cursos de comunicación e divulgación matemática. Ten recibido premios de divulgación científica como Ciencia En Acción (2019) ou Zapping polo seu canal Youtube Derivando (2022). É o fundador do grupo de monologuistas científicos The Big Van Theory. Ten impartido charlas TED e é colaborador en distintos medios de comunincación como Órbita Laika, radio SER, ou en prensa escrita, El Confidencial.