CONFERENCIANTES XXXIII CONGRESO DE ENCIGA
Sábado 14 novembroConferencia:
|
Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Vigo, na cal obtivo o premio extraordinario, quedando vinculado a ela ata o día de hoxe. Este ano decidiu deixar temporalmente o traballo de profesor na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, entrando como Director da División de Avaliación do Profesorado da ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación) ata o seu re-ingreso no corpo docente universitario en novembro de 2020.
Recibíu numerosos premios como docente nas Escolas de Enxeñaría de Telecomunicación e Industrial, e ten desempeñado distintos cargos na política e xestión universitaria, o máis recente delegado do Reitor da Universidade de Vigo na CiUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) de 2018 a 2020. Foi integrante do equipo encargado de revisar as entradas de matemáticas no Dicionario da Real Academia Galega (un total de 168 termos, marzo 2018).
A nivel investigador ten recoñecidos tres sexenios de investigación e publicou máis de 90 artigos en revistas científicas internacionais de impacto. Nunha das súas liñas de investigación, o 4 de marzo de 2020, conxuntamente con outros investigadores, advertíu a todos os partidos con representación no Parlamento de Galicia da imposibilidade de ter elección galegas o 5 de abril, pois segundo o seu modelo matemático coincidiría co número máximo de persoas novas infectadas pola COVID-19, como así aconteceu. Durante a pandemia, realizou distintas simulacións para predicir o avance da enfermidade en Galicia, formando parte do conxunto de científicos que asesorou ao goberno galego.
Sábado 21 de novembro
|
Profesor de Investigación con destino no Instituto de Investigacións Marinas (CSIC), sito en Vigo. É químico pola Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Química Inorgánica, e doutor por esa mesma Universidade con unha tese sobre balances bioxeoquímicos na ría de Vigo dirixida polo Prof. Fernando Fraga (IIM-CSIC). No 1989 obtivo por oposición a primeira praza sobre Oceanografía Química que foi convocada no CSIC.
A súa liña de investigación céntrase nos intercambios bioxeoquímicos que ocorren nos sistemas costeiros, incluíndo a contaminación por metais e a eutrofización. A súa labor desenvolveuse principalmente nas rías galegas, fiordos chilenos e antárticos, estuarios árticos e cantábricos, lagoas subtropicais do Pacífico mexicano e tamén no afloramento da Galiza durante o Holoceno. Froito da súa investigación son 166 artigos publicados en revistas internacionais que abordan a bioxeoquímica das sales nutrientes, os elementos traza e, dende hai unha década, as terras raras. Os seus artigos reciben unha media de 250 citacións anuais en revistas científicas internacionais.
Sábado 28 de novembroConferencia:
|
Sonia Villapol (Bretoña, Lugo) obtivo a licenciatura de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2003. Catro anos máis tarde recibiu o título de máster e doutoramento en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona. Dende os anos 2007 ata o 2010 traballou como investigadora postdoutoral no CNRS da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no INSERM en París, Francia. No ano 2010 trasladouse ós EUA para continuar a súa formación postdoutoral nos Institutos Nacionais da Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencia e Medicina Rexenerativa da Universidade de Servizos Uniformados (USUHS) en Bethesda, Maryland. No ano 2014, formou parte coma profesora titular do Departamento de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington, DC. En xullo do ano 2018, trasladou o seu laboratorio ó Centro Médico de Texas, en Houston, onde é Investigadora Principal e Profesora no Centro para Neurorexeneración no Instituto de Investigación do Hospital Methodist, ademáis de ter unha segunda afiliación na Facultade de Medicina de Weill Cornell en Nova Iorque. A Dra. Villapol recibiu financiamento extramural como investigadora principal do NIH, onde serve en paneis de revisión de propostas de financiamento. Exerce como editora asociada da revista de Neurobioloxía Celular e Molecular (Springer) e é tamén revisora en múltiples revistas científicas. Publicou máis de 40 artigos en revistas e capítulos de libros. Os seus intereses de investigación centráronse principalmente en dilucidar os mecanismos de neurodexeneración, neuroinflamación ou neuroxénese a través de varios modelos animais de lesións cerebrais, trauma ou ictus, e enfermidades neurodexenerativas coma o Alzheimer. O foco do seu laboratorio é a busca de novos tratamentos neurorestorativos para os danos cerebrais e abrir a porta a terapias alternativas que recuperen o cerebro danado e reduzan a resposta inflamatoria e a súa afectación no resto dos órganos. O seu laboratorio tamén ten liñas de investigación relacionadas cos efectos da microbiota intestinal no cerebro, e máis recentemente estudos de como a flora bacteriana pode afectar á inflamación ou ós efectos neurolóxicos na enfermidade da COVID-19. Forma parte da sociedade Americana de Neurociencias, Neurotrauma e do equipo internacional de investigación da COVID-19 (COV-irt.org).