A situación sanitaria actual fai que a asociación teña que reinventarse para poder ofrecer o seu tradicional congreso. Por iso estamos a organizar o XXXIII Congreso de ENCIGA en rede.
- Cando: Sábados 14 e 28 de novembro (9:30-14h e 16-19h)
- Duración: 15h (aceptadas para homologación pola Consellería de Educación)
- Plataforma: Microsoft Teams
- Inscrición🙁clic aquí para ir ao formulario de inscrición): cota normal 50€ e cota reducida (xubilados, estudantes e persoas no paro) 25€. Socias e socios de ENCIGA e asimilados (antes do 1/9/2020) : Gratis
A participación, vía telemática, pode ser coa vosa asistencia ou presentando comunicacións ou obradoiros virtuais, nos que compartades as vosas experiencias educativas ou traballos de investigación que consideredes oportunos.
- Prazo límite para presentar o resumo da comunicación/obradoiro: 20 de outubro. Entrega a través do correo: congreso33@enciga.org. As pautas para a elaboración do documento aquí.
A través do noso Facebook (ENCIGA) e desta web iremos actualizando información relativa ao congreso.
Grazas polo voso interese