Congresos Enciga

Formato dos Traballos

NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Descargar aquí as normas e un modelo co formato que debe presentar o traballo.

Hai cambios con respecto a outros anos.

  • As/Os autoras/es de comunicacións, obradoiros ou exposicións, deberán enviar por correo electrónico ao enderezo congreso32@enciga.org
    • Un RESUMO DO RELATORIO para o Libro Guía do Congreso. Presentará e reflectirá o contido do mesmo, cunha extensión máxima de 2 páxinas en A4 e acorde co formato indicado máis abaixo. PUBLICARASE NO LIBRO GUÍA.
    • O RELATORIO COMPLETO para o DVD. Poderanse escribir os relatorios sen número límite de páxinas, fotos, gráficos, presentacións, etc. PUBLICARANSE NO DVD
  • Enviaranse os dous arquivos ao enderezo electrónico sinalado, nomeados deste xeito: “Apelidos e Nome do primeiro autor, CC/RE e TÍTULO BREVE” (CC/RE segundo sexa Comunicación Completa ou REsumo).
    • Exemplo: “Feliz Pérez José, CC, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”, e “Feliz Pérez José, RE, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”.
  • Pódese engadir un breve Abstract en inglés ao principio.
  • Dos PÓSTER enviarase unha foto nun arquivo gráfico.

Formato dos arquivos

(resumo e comunicación completa)

  • Tanto o resumo como o relatorio completo terán o TÍTULO, os AUTORES e o CENTRO DE TRABALLO destacados na cabeceira.
  • Contidos:
    • Introdución, na que se indique cal é o problema a analizar, os obxectivos ou preguntas do estudo.
    •  Fundamentación teórica e metodolóxica, na que se poida observar o coñecemento do estado da cuestión, as fontes e o modelo de traballo utilizado.
    • O desenvolvemento ou estudo dunha experiencia, que pode ser unha achega bibliográfica e documental, estudo de caso, indagacións empíricas, investigación- acción ou outros tipos de traballos.
    • Conclusións ou reflexións finais sobre os resultados do estudo
    • Referencias (seguindo as normas APA)
  • Formato: DIN A4, archivo con extensión doc, todas as marxes de 2,5 cm, tipo de letra Times New Roman, nos títulos a 12 ptos e no texto a 11 ptos, entreliñado de 1,15, 6 ptos espaciado despois do parágrafo e xustificado. As ilustracións en formato JPG (incrustadas no mesmo arquivo de word, con calidade suficiente para imprenta, mínimo 200 puntos).
  • Todas as referencias, citas, bibliografía, referencias documentais e telemáticas virán expresadas en normas APA, sexta edición.