Congresos Enciga

Visitas guiadas

Visita 1: Ruta Penamá

Numero persoas: 50
Duración da ruta 2h
Duración visita 2h
Recoméndase calzado cómodo para camiñar
Descrición:
Saída dende Allariz en bus ao monte de Penamá, un monte que dende o ano 2000 mantén a maior cabana gandeira de raza limiá, situado a 900m de altitude. A continuación baixada pola ruta de senderismo Canelar, unha antiga ruta de carros e carballeiras ata chegar a Asociación Andrea (San Salvador) que conta con un proxecto de recollida de burros abandonados e maltratados, centro de terapia para persoas con algunha discapacidade social e elaboración de xabón con leite de burra.

 

Visita 2: Ruta Santa Mariña de Augas Santas

Numero persoas: 50
Duración da ruta 4h
Recoméndase calzado cómodo para camiñar, lanterna para acceso o forno da santa
Descrición:
Saída dende Allariz ata Santa Mariña de Augas Santas situada a 6km de Allariz entre os montes de Armariz e dos Canteiros.
Santa Mariña de Augas Santas constitúe un atractivo conxunto histórico, artístico e paisaxístico no que se mesturan historia, tradición e lenda. A nosa ruta comeza na igrexa de Santa Mariña visitando a fontes da Santa e a capela de San Tomé. A continuación baixada ata os fornos da Santa, visita o castro de Armeá a través dunha antiga calzada romana, ata a pedra da Santa segundo a tradición o penedo sobre o que se asenta con forma de oído  sempre ten auga curadora.

 

Visita 3: Visita as fábricas de Allariz

Numero persoas: 40
Duración da ruta 4h
Descrición:
Recorrido polas diversas industrias da vila de Allariz. Comezaremos a nosa ruta en  Allarluz, unha central de biomasa forestal residual situado no parque empresarial de Allariz, continuaremos a visita no Ecoespacio O Rexo onde se elabora o primeiro queixo de ovella feito en Galicia a base de leite cru, de seguido iremos a pequena empresa Petelo Castañas que se encarga da elaboración de fariña de castaña e os seus propios produtos como bica e galletas, outra das visitas será a empresa de cervexa artesá galega de Allariz que recibe o nome de cervexa Dama Alaricana. Para rematar visita a empresa Finarrei onde se leva a cabo a elaboración dos almendrados da Allariz.

 

Visita 4: Visita polo cascos vello e museos

Numero de persoa: 40
Duración da visita 3h
Guía: Juan
Descrición:
Comezamos a ruta realizando o Roteiro do boi pola vila historia de Allariz, facendo parada nos diversos museos de Allariz.
Algúns dos museos a visitar serán o museo galego do xoguete onde se recollen o valor dos xogos de tódolos tempos, o museo da moda que mostra a vocación tradicional que ten Allariz pola moda  e o museo do coiro no que podemos atopar os pilos da curtición, ferramentas empregadas neste oficio, o que permite comprender, todo o proceso de curtición.