Congresos Enciga

Visitas guiadas

Ver visitas en mapa interactivo


VISITA Nº 1: ZONA MONUMENTAL E CAMIÑO DE SANTIAGO

Percorrido urbano pola zona monumental de Sarria visitando: Rúa Maior (casas señoriais e os seus escudos), Igrexas de Santa Mariña e San Salvador, Torre do Batallón e Mosteiro da Madalena. Duración: 1’30 horas.

Continuaremos polo Camiño de Santiago até Barbadelo pasando pola ponte romana da Áspera. Duración aproximada da ruta a pé, 1 hora.

Recoméndase calzado cómodo para camiñar.

Regreso en autobús.

Número de prazas: 55

 

VISITA Nº 2: SAMOS E ARREDORES

Visita ao Mosteiro de Samos, Capela do Ciprés, San Cristovo do Real e Pazo de Lusío (casa natal de D. Vicente Vázquez Queipo).

Número de prazas: 55

 

VISITA Nº 3: COVA EIRÓS

Visita á Cova Eirós, cova prehistórica situada no Concello de Triacastela cun importante xacemento arqueolóxico do Paleolítico Medio, no que destacan manifestacións de arte parietal.

Breve parada en Samos á volta da visita.

Precísase botas de montaña e lanterna.

Non se aconsella está actividade aos que sufran vertixe ou claustrofobia. A condición física de be ser boa.

Número de prazas: 18

 

VISITA Nº 4: O CEBREIRO

Visita ao poboado prerromano do Cebreiro, entrada do Camiño de Santiago a Galicia. Situado a 1.330 m de altitude destaca polas súas pallozas e a súa igrexa prerrománica do século IX.  As vistas panorámicas da zona son únicas é fan da viaxe ata este lugar unha experiencia inesquecible.

Número de prazas: 55

 

VISITA Nº 5: MINA DE MAGNESITAS DE RUBIÁN

A mina de Rubián explota a magnesita dende o ano 1963. Trátase dun xacemento que polo volume de reservas e a súa calidade é un dos mellores do mundo. Descenderase nun vehículo polas súas galerías, visitando unha parte das mesmas. Dende a cámara almacén, situada a 200m de profundidade, continuarase a pé e poderase observar a extracción do mineral. Unha vez fóra visitarase a planta na que se tritura e calcina o mineral para a obtención da magnesita cálcica.

Hai que levar botas de montaña.

Número de prazas: 36