Lugar de celebración
Datas
Comité organizador do XXIV Congreso de ENCIGA:
Correo web para o Congreso: congreso28@enciga.org
Inscrición aquí. Máis información no menú da esquerda: XXVIII Congreso (2015) |
Carta de presentación
Estimados compañeiros e compañeiras:
ENCIGA celebra o seu XXVIII congreso. Vinte e oito edicións. Vinte oito anos
apostando decididamente pola ciencia. Vinte e oito é tamén o número atómico do níquel,
que entre outros trazos, se caracteriza por ser un bo condutor. Asemade, do mesmo xeito
que o níquel serve para conducir electricidade e calor, os congresos de ENCIGA serven
para que se poña en movemento tanto o coñecemento coma a conexión entre persoas
arredor dese coñecemento. E ámbolos dous elementos son unha fonte de enerxía
fundamental para a nosa sociedade.
Desde o IES Xograr Afonso Gómez asumimos o reto da organización deste XXVIII
congreso con moita ilusión e entusiasmo, e tamén, por suposto, con certo temor pola
responsabilidade que supón acoller a un dos eventos científicos de referencia do país.
Esta nova edición terá lugar os días 19, 20 e 21 de novembro de 2015 en Sarria,
terra do tan xustamente ilustre coma inxustamente esquecido matemático Vázquez Queipo,
unha desas figuras comprometidas en desactivar o tan pernicioso mito: que inventen eles!.
Estamos desexando abrir as portas do noso centro e da nosa vila ao congreso de
ENCIGA. Somos conscientes do imprescindible que é a participación de todos e todas para
darlle forma e contido a este espazo de encontro, por iso animámosvos a participar de
forma activa enviando os vosos traballos ao enderezo congreso28@enciga.org (os resumos
antes do 18 de outubro, e as ponencias completas antes do 25 de outubro).
Na páxina web www.enciga.org podedes consultar o formato de presentación dos
traballos e facer a inscrición ao congreso.
Recibide un cordial saúdo do equipo coordinador e permitídenos citar aos clásicos
para dicir: sapere aude. Vémonos en Sarria.
Os coordinadores
Beatriz Ovalle Neira
José Manuel Valcarce López
IES Xograr Afonso Gómez Anxel Fole, s/n – 27600 Sarria |
|
Contidos do Congreso
Actividades
No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:
- Conferencias
- Comunicacións
- Comunicacións en cartel
- Obradoiros
- Exposicións e mostra de materiais
- Debates
- Visitas e actos sociais
Temas
Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:
- Experiencias didácticas
- Actividades de investigación-acción
- Experiencias interdisciplinares
- Tratamento de contidos transversais
- Avaliación
- Estratexias metodolóxicas
- Desenvolvemento curricular
- Materiais curriculares
- Recursos multimedia
- Aquel tema que prefiras, porque xamais sobrará o que nos queiras contar