Congresos Enciga

Visitas guiadas

Venres 23, de 10-14h

RUTA 1: VISITA Á MINA DE COBRE DE TOURO

Prof. D. Felipe Macías – USC

Profa. Da. Carmina Nieto – IES Xelmírez I

Esta saída pode considerarse como unha actividade complementaria do obradoiro impartido polos mencionados profesores. Pero tamén pode realizarse por aqueles que desexen coñecer aspectos xa pasados desta explotación mineira, así como algunhas das técnicas de remediación usadas para minimizar o impacto ambiental. Recoméndase asistir con botas ou zapatos de goma polo enlamado do terreo.

(máx. 50 asistentes)

 

RUTA 2: ITINERARIO POLO RÍO SARELA

Técnicos do Proxecto Ríos (ADEGA)

Farase un percorrido a pé dende o Romaño ata a ponte do Carme de Abaixo (2-3 horas), visitando una anterga curtidoría e aplicando as técnicas de monitoreo fluvial que se usan no Proxecto Ríos para avaliar o estado ambiental dos ríos galegos. Preténdese involucrar ao profesorado galego nesta importante rede á que xa pertencen máis de cen colectivos de todo o país. Recoméndase levar botas e roupa de trekking.

( máx. 30 asistentes)

 

RUTA 3: ITINERARIO XEOLÓXICO POR SANTIAGO

Prof. Concepción González Adán. IES Rosalía Castro de Santiago.

Percorrido pola cidade de Santiago para observar os diferentes tipos de rochas usadas na construcción de edificios e pavimentos, comparando as zonas nova e vella da cidade.

(máx. 30 asistentes)

 

RUTA 4: ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN SANTIAGO

Técnico do Concello de Santiago.

Visita aos edificios contemporáneos máis senlleiros da cidade, deseñados por arquitectos tan prestixiosos como: Álvaro Siza, Rossi, Gallego Jorreto, etc.

(máx. 50 asistentes)

 

RUTA 5: VISITA AO CASCO VELLO DA CIDADE

Guía do concello de Santiago.

Percorrido a pé polos edificios, prazas e rúas emblemáticas do casco histórico de Santiago de Compostela, con explicacións interdisciplinarias dos principais aspectos históricos, arquitectónicos e urbanísticos.

(máx. 40 asistentes)

 

RUTA 6: CIDADE DA CULTURA

Guía da Fundación Cidade da Cultura.

Percorreranse os edificios que integran a polémica Cidade da Cultura, tanto externa,emte como no seu interior, para coñecer a dimensión global do conxunto do proxecto. Visitarase ademáis a exposición temporal “Gallaecia petrea”, de interese científico e artístico.

(máx. 50 asistentes)

 

RUTA 7: O PATRIMONIO HISTÓRICO DO IES A.XELMÍREZ I

Prof. César García – IES Xelmírez I

Prof. Marco Bernal – IES Xelmírez I

Prof. Ricardo Gurriarán – IES Xelmírez I

Visita guiada polas coleccións de instrumentos científicos do Museo e de libros da Biblioteca Antiga, como continuación e complemento do obradoiro impartido sobre estos temas.

(máx. 30 asistentes)