Congresos Enciga

Presentación do XXV Congreso de ENCIGA

Lugar de celebración

Datas

  • 22, 23 e 24 de novembro de 2012

Comité organizador do XXV Congreso de ENCIGA:

Coordinadoras: 

  • Manuel Antonio Fernández Domínguez
  • Marco Antonio Bernal Rivas
Correo web para o Congreso: congreso25@enciga.org
  • Data límite para a inscrición: 16 de novembro de 2012
  • Data límite para envío de resumos: 15 de outubro de 2012
  • Data límite para envío de ponencias completas: 22 de outubro de 2012

Neste click o formulario de inscrición

 

Carta de presentación

Queridos compañeiros e compañeiras:

Continuando coa traxectoria iniciada en anos anteriores ENCIGA vai celebrar o seu XXV congreso. Nós, como organizadores, temos a honra de asumir con entusiasmo esta tarefa que aínda que é moi interesante non está exenta de traballos e dificultades.

Este congreso vai presentar novidades tanto nas datas coma na organización, pois celebraremos “as vodas de prata” e o bicentenario do nacemento do ilustre químico galego Antonio Casares. Terá lugar os días 22, 23 e 24 de novembro de 2012 e desenvolverase conxuntamente entre o IES Xelmírez I e a Facultade de Químicas da USC, sitos ambos no campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.

Xuntos uniremos forzas para que siga xirando a engrenaxe que mantén activa a nosa asociación. Por iso invitámosvos a ser pezas imprescindibles do congreso participando e compartindo os vosos traballos que poderedes enviar ao enderezo congreso25@enciga.org,  antes do luns 15 de outubro.

O formato de presentación dos traballos podedes atopalo na páxina web de ENCIGA, www.enciga.org, no apartado do congreso. Na mesma páxina poderedes facer a inscrición ao congreso.

Para non defraudarvos, despois de tantos éxitos anteriores e como compensación ao voso esforzo, poñeremos todo da nosa parte para ofrecervos as ledicias dunha fermosa cidade, o reencontro amigable con compañeiros e colegas e un amplo mostrario do que se está a traballar en didáctica das ciencias no noso país.

Un saúdo en nome do equipo coordenador.

IES Arcebispo Xelmírez I

Poza de Bar s/n

15705 Santiago de Compostela

Tf.: 981 584321       Fax: 981 584533

www.xelmirez.com(link is external)

ies.arcebispo.xelmirez@edu.xunta.es

 

Contidos do Congreso

Actividades

No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Conferencias
  • Comunicacións
  • Comunicacións en cartel
  • Obradoiros
  • Exposicións e mostra de materiais
  • Debates
  • Visitas e actos sociais
Temas

Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:

  • Experiencias didácticas
  • Actividades de investigación-acción
  • Experiencias interdisciplinares
  • Tratamento de contidos transversais
  • Avaliación
  • Estratexias metodolóxicas
  • Desenvolvemento curricular
  • Materiais curriculares
  • Recursos multimedia
  • Aquel tema que prefiras, porque xamais sobrará o que nos queiras contar