Ensinantes de Ciencias de Galicia
O NOSO obxectivo E melloraR a calidade no ensino na área de ciencias
Actualidade
Novas ENCIGA
Permanece contínuamente informado/a sobre toda a nosa actualidade, concursos, conferencias e cursos.
Como Chegar
Documento sin título IES Ramón María Aller Ulloa en Google Maps IES Ramón María Aller Ulloa en Street View Chegar dende Ourense Chegar ao instituto vindo de Ourense Chegar dende Lugo Chegar ao instituto vindo de Lugo Chegar dende Santiago Chegar ao instituto vindo de Santiago Chegar dende A Coruña, Vigo ou Pontevedra Aconséllase vir por Santiago
Cimadevila en TVG2 Zigzag diario
No programa “Zigzag diario” da TVG2 do día 2 de abril (minutos 32:10 ao 35:45) emitiron unha reportaxe filmada no estudio de M. Cimadevila, (socia de ENCIGA) no que se fala da súa obra artística. Por se pode ser de interese para os socios de ENCIGA, damos a ligazón a continuación: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-3707614
Colaboración para recoller información sobre a situación da Física na ESO e Bacharelato
Fernanda Miguelez, profesora da UDC, membro da Real Sociedade Española de Física, e membro da Xunta Directiva do Grupo Especializado de Ensino da Física solicita colaboración para recoller información de Galicia, pois desde a RSEF están elaborando un Informe sobre a situación da Física na ESO e no Bacharelato. Prégase que aquelas persoas con interese envíen este cuestionario cuberto antes do 8 de marzo ao correo de Fernanda: fermigue@udc.es
Convocatoria de Asemblea Extraordinaria de ENCIGA
Por orde do Sr. Presidente convócase a Asemblea Extraordinaria para o venres 23 de marzo de 2018 ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18 h. en segunda convocatoria no IES Rosalía Castro de Santiago, co único punto da orde do día: 1.‐ Elección da Xunta Directiva de ENCIGA Santiago 3 de Marzo 2018A SecretariaTeresa Otero
Charlas Divulgativas da Universidade de Vigo
O Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (GID1) ofrece charlas divulgativas, monográficas gratuítas sobre algúns temas relacionados cos contidos da Física nos primeiros cursos dos nosos graos en Enxeñaría e que están dirixidas esencialmente a alumnado de primeiro e segundo de bacharelato científico/tecnolóxico. O responsable da charla desprazaríase ao centro sen custe para o mesmo en horario que se acordaría previamente. As charlas son lúdicas e eminentemente
Sobre a asociación
Que é ENCIGA?
ENCIGA foi fundada o 16 de xaneiro de 1988, como unha asociación de profesores e profesoras de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios.
Faite socio
Faite socio e disfruta de todas as vantaxes de esta informado.
Actividades
Concursos, conferencias, Xornadas, congresos e actividades en xeral.
Congreso
Congreso ENCIGA.
Toda e información que precisas.
Recursos
Repositorio de recursos e documentación dispoñibles para a túa descarga.