Novas Enciga

Charlas Divulgativas da Universidade de Vigo

O Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (GID1) ofrece charlas divulgativas, monográficas gratuítas sobre algúns temas relacionados cos contidos da Física nos primeiros cursos dos nosos graos en Enxeñaría e que están dirixidas esencialmente a alumnado de primeiro e segundo de bacharelato científico/tecnolóxico. O responsable da charla desprazaríase ao centro sen custe para o mesmo en horario que se acordaría previamente. As charlas son lúdicas e eminentemente práctico-experimentais. Agora temos unha charla bastante rechamante sobre ondas/cores/interferencia na ciencia, na enxeñaría e na vida cotiá. Podemos axustar a duración ao que se precise (unha hora, hora e media ou dúas horas)

http://www.clickonphysics.es/cms/Ga/charlas-2/