Novas Enciga

Colaboración para recoller información sobre a situación da Física na ESO e Bacharelato

Fernanda Miguelez, profesora da UDC, membro da Real Sociedade Española de Física, e membro da Xunta Directiva do Grupo Especializado de Ensino da Física solicita colaboración para recoller información de Galicia, pois desde a RSEF están elaborando un Informe sobre a situación da Física na ESO e no Bacharelato.
Prégase que aquelas persoas con interese envíen este cuestionario cuberto antes do 8 de marzo ao correo de Fernanda: fermigue@udc.es