Ensinantes de Ciencias de Galicia
O NOSO obxectivo E melloraR a calidade no ensino na área de ciencias
Actualidade
Novas ENCIGA
Permanece contínuamente informado/a sobre toda a nosa actualidade, concursos, conferencias e cursos.
Grupo para compartir recursos de química en Facebook
Un grupo de profesores e profesoras de Primaria e Secundaria acaban de crear un grupo para compartir recursos, actividades e experiencias de Química en Facebook. O grupo chámase Quimicantes. É un grupo público onde calqueira pode aportar recursos. Nada máis tendes que pedir participar e xa podedes publicar.
VIII Concurso Incubadora de Sondaxes
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convoca o VIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. Ler máis en www.sgapeio.es
Convocatoria de Asemblea Extraordinaria de ENCIGA
Por orde do Sr. Presidente, convócase a Asemblea Extraordinaria para o día 17 de novembro de 2017 ás 20:45 horas, no salón de actos da Casa da Cultura do concello de Allariz, coa seguinteOrde do día:1.-Renovación da Xunta Directiva Santiago a 26 de novembro de 2017A Secretaria Descargar Convocatoria en pdf
Convocatoria de Asemblea Ordinaria de ENCIGA
Por orde do Sr. Presidente, convócase a Asemblea Ordinaria para o día 17 de novembro de 2016 ás 20:30 h en primeira convocatoria, e ás 21:00 h en segunda convocatoria, no salón de actos da Casa da Cultura do concello de Allariz, coa seguinte Orde do día:1.-Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria anterior.2.- Informe do Sr. Presidente.3.- Informe do Tesoureiro e aprobación, se procede das
Fase Autonómica Galega da XIII Olimpiada de Bioloxía
A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) e baixo o patrocinio de, entre outros, Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. convoca a Fase Autonómica Galega da XIII Olimpiada de Bioloxía. A Fase Galega celebrarase o 12 de xaneiro de 2018 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Poderán participar na XIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) todos os estudantes
Sobre a asociación
Que é ENCIGA?
ENCIGA foi fundada o 16 de xaneiro de 1988, como unha asociación de profesores e profesoras de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios.
Faite socio
Faite socio e disfruta de todas as vantaxes de esta informado.
Actividades
Concursos, conferencias, Xornadas, congresos e actividades en xeral.
Congreso
Congreso ENCIGA.
Toda e información que precisas.
Recursos
Repositorio de recursos e documentación dispoñibles para a túa descarga.