Novas Enciga

Fase Autonómica Galega da XIII Olimpiada de Bioloxía

A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) e baixo o patrocinio de, entre outros, Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. convoca a Fase Autonómica Galega da XIII Olimpiada de Bioloxía.

A Fase Galega celebrarase o 12 de xaneiro de 2018 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Poderán participar na XIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) todos os estudantes que estean matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2017-2018, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados.

Os interesados en participar solicitarano por escrito, cumprimentando integramente este Formulario de Inscrición

Prazo de inscrición: entre día 16 de outubro e o  día 17 de novembro de 2017.