Outras Novas

Documental "40 años viendo átomos"

O documental “40 años viendo átomos” realizado por un grupo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), con motivo do 40º aniversario da invención do microscopio de efecto túnel (STM), instrumento clave para a chegada da nanotecnoloxía. Esta producción ademais fai unha homenaxe a dous profesores da Universidade Autónoma de Madrid, falecidos durante o ano 2020, pioneiros desta técnica en España.

O documental está dispoñible no canal CSIC Divulga en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=pJ0MtKqTOco

Relatorios divulgativos de Física Re-Creativa

O grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (Aprendizaxe manipulativo da Física: GID1) ofrece para Abril e Maio relatorios divulgativos (virtuais ou presenciais) de Física Re-Creativa de balde para os centros de secundaria de Galicia. O obxectivo é presentar unha experiencia lúdica de aprendizaxe experimental de conceptos relacionados con contidos que se explican tanto en 2º de Bacharelato como nos primeiros cursos dos Graos de Enxeñaría (luz e cor; interferometría; óptica xeométrica;…), poden ser de utilidade tamén en 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

webminar para captar centros escolares

O profesor da USC Francisco Soñora impartirá un  webminar para centros escolares con interese en sumarse como centros piloto no marco dos proxectos de investigación Erasmus+ KA226 e KA227 nos que o gripo da Facultade de Ciencias da Educación SEPA-interea é socio. Esta iniciativa está dirixida a docentes de toda España, asociacións de profesores, así como á rede de centros do proxecto Climántica en América Latina, Europa e África. “O obxectivo é tecer a rede de centros piloto dos dous proxectos que quedaron coa máxima valoración nas dúas convocatorias extraordinarias de innovación convocadas no encadre Erasmus+”, explica o profesor Soñora.

A sesión desenvolverase o luns 15 de marzo, a partir das 19.00 horas.

PRESENTACIÓN DA GUÍA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS

O pasado luns 22 de xaneiro a Real Academia Galega presentou en A Coruña a nova “Guía dos elementos químicos”, un libro que explica a orixe dos nomes dos elementos e afonda na súa historia e no seu coñecemento. Na presentación estiveron os seu autores, Manuel Bermejo, Marcelino Maneiro e Ana González, profesores de Química Inorgánica e membros de ENCIGA. O libro, que será sen dúbida unha obra de referencia para o profesorado de Química, Bioloxía ou Farmacia, xa fora presentado no XXXI Congreso de ENCIGA.

IGFAE Science Week 2018

O departamento de divulgación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) anuncia a "Semana da Ciencia IGFAE 2018", que se celebrará na semana do 12 ao 16 de Novembro. O IGFAE é un centro mixto Universidade de Santiago de Compostela-Xunta de Galicia acreditado en 2017 como Unidade de Excelencia "María de Maeztu" do Sistema español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

Colaboración para recoller información sobre a situación da Física na ESO e Bacharelato

Fernanda Miguelez, profesora da UDC, membro da Real Sociedade Española de Física, e membro da Xunta Directiva do Grupo Especializado de Ensino da Física solicita colaboración para recoller información de Galicia, pois desde a RSEF están elaborando un Informe sobre a situación da Física na ESO e no Bacharelato.

Charlas Divulgativas da Universidade de Vigo

O Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (GID1) ofrece charlas divulgativas, monográficas gratuítas sobre algúns temas relacionados cos contidos da Física nos primeiros cursos dos nosos graos en Enxeñaría e que están dirixidas esencialmente a alumnado de primeiro e segundo de bacharelato científico/tecnolóxico. O responsable da charla desprazaríase ao centro sen custe para o mesmo en horario que se acordaría previamente. As charlas son lúdicas e eminentemente práctico-experimentais.

VIII Día da Ciencia en Galego

Con motivo do VIII Día da Ciencia en Galego dende Igaciencia convidan a participar en activiadades como:

  • Celebrando a Viaxe do Beagle
  • Celebrando as Viaxes de Domingo Fontán para elaborar con métodos modernos, matemáticos e exactos o primeiro mapa actual de Galicia.
  • Realizando actividades de Ciencia no Camiño de Santiago.
  • Actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX... Saídas ao campo.
  • roxectando o Ano Internacional a outras ciencias: en Xeografía os mapas- que nunca poden faltar nas viaxes-, en matemáticas as proxeccións, en Tecnoloxía GPS e App inventor... Queremos facer convosco unha base de datos latitude/lonxitude dos lugares da nosa cultura, románico, igrexas, fervenzas, vexetación e flora, da fauna e pesca que coñezades.E non só iso senón as festas, música, todo aquilo que queirades xeoreferenciar na vosa zona: o voso queixo ou o voso pan.

Campus de profundización científica para estudantes de Educación Secundaria Obligatoria

O Campus de profundización científica realizarase no IES «Castilla» de Soria, sendo aloxados os alumnos na residencia «Escuela Hogar Madre de las Mercedes» en Soria.
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada unha, que terán lugar nas seguintes datas:
Primeira quenda: Do 7 ao 17 de xullo de 2014.
Segunda quenda: Do 18 ao 28 de xullo de 2014.

Xeolodía 2014

Este ano o Xeolodía da provincia de Pontevedra está dedicado ao granito, un dos recursos naturais galegos por excelencia. Toda a xornada celébrase nunha área, O Porriño, cuxa actividade económica baséase na explotación desta rocha e que, con todo, conserva afloramentos naturais de granito de beleza singular.

Clickonphysics

A web clickonphysics.es é froito dun Proxecto de Innovación (2011-2013) da Universidade de Vigo que xa presentaron varias veces nos congresos de ENCIGA e algúns cursos de formación de profesorado. Un traballo de colaboración entre profesorado e alumnado de primeiro curso das enxeñarías da Universidade de Vigo. Actualmente xa están completados os Proxectos de Física do primeiro cuatrimestre que faltaban do curso actual 2013-2014.

Proyecto Una Cebra en el Agua

Trátase dun proxecto de mediación didáctica fundamentada no principio de educación baixo demanda, que surde co propósito de divulgar o método científico e as novas tecnoloxías biolóxicas de experimentación nun laboratorio de xenética, no que o estudiante ponse a bata de científico para mergullarse en situacións reais do mundo da investigación traballando en equipo como fan os científicos profesionais, xenerando productos e resultados.

Ver máis información

Páxinas