Novas Enciga

Novo obradoiro de monólogos científicos

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 3 DE ABRIL

Datas para o obradoiro: 11 e 25 de abril. Serían dúas sesións presenciais de 3 horas e 2 horas de traballo telemático.

Duración: 8 horas

Lugar: Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

Horarios: de 10.00 a 13.00 h

Obxectivo do curso: elaborar e representar un monólogo científico de 3 minutos de duración.

Contidos do curso:

  • Importancia da divulgación científica na actualidade
  • Integración dos monólogos científicos na programación didáctica
  • Escritura dun monólogo científico
  • O humor como recurso para recuperar a atención: fórmulas de humor
  • Consellos para a posta en escea

Sesións:

  • Sesión 1. Presencial. Contexto actual da divulgación científica en Galicia. Divulgadoras e divulgadores galegos. O monólogo científico: consellos para a súa escritura e posta en escea.
  • Sesión 2. Telemática. Traballo autónomo para elaboración do texto con supervisión telemática
  • Sesión 3. Representación e avaliación dos monólogos. Organización dun evento de divulgación científica no centro educativo