A xornada terá lugar o 28 de outubro en Santiago de Compostela, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (ver localización)
A asistencia ao acto é libre e gratuíta. Entregarase diploma de asistencia previa inscrición. Pódese obter Información sobre o programa aquí.
María Josefa Wonenburger é unha matemática galega nacida en Oleiros.
Preténdese propiciar un espazo para o estudo e recoñecemento da obra da 11:30 horas matemática e alxebrista María Josefa Wonenburger Planells proporcionando miradas Pausa en profundidade e detalle sobre o seu corpus creativo e investigador en toda a súa amplitude e singularidade. Póñense en marcha actividades e análises centradas en promover visións máis completas e complexas da traxectoria desta investigadora que tivo, e segue a ter, unha influencia indiscutible no avance das matemáticas no século xx.
A xornada “María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento” quere contribuír, ademais, á creación de espazos de reflexión, debate e documentación que permitan indagar no lugar ocupado polas mulleres galegas no desenvolvemento da investigación científica, coñecer o presente, avaliar o pasado e o futuro das irmás de Hipatia e as súas contribucións ao progreso e á evolución da ciencia galega e universal.