O profesor da USC Francisco Soñora impartirá un webminar para centros escolares con interese en sumarse como centros piloto no marco dos proxectos de investigación Erasmus+ KA226 e KA227 nos que o gripo da Facultade de Ciencias da Educación SEPA-interea é socio. Esta iniciativa está dirixida a docentes de toda España, asociacións de profesores, así como á rede de centros do proxecto Climántica en América Latina, Europa e África. “O obxectivo é tecer a rede de centros piloto dos dous proxectos que quedaron coa máxima valoración nas dúas convocatorias extraordinarias de innovación convocadas no encadre Erasmus+”, explica o profesor Soñora.
A sesión desenvolverase o luns 15 de marzo, a partir das 19.00 horas.
Os proxectos que quedaron como máis valorados por SEPIE nas dúas
modalidades extraordinarias de innovación que convocou SEPIE en
setembro son:
1) Modalidade de Tecnoloxías: CIENCIA ESCOLAR E-LEARNING ONE HEALTH
(modalidad de innovación KA226 de Erasmus+, coordinado dende o
Concello de Outes, que coordina a rede de transferencia da escola á
sociedade do proxecto Climántica):
http://sepie.es/doc/convocatoria/2020/resoluciones/febrero21/definitiva/anexo_i_apartado_1.pdf
2) Modalidade de Creatividade: CREATIVIDAD COLECTIVA Y EDUCACIÓN
COMUNITARIA EN LA ALFABETIZACIÓN CINEMATOGRÁFICA PARA UN TURISMO DE
ACCIÓN POR EL CLIMA (modalidade de innovación KA227 de Erasmus+
coordinado dende o Grupo de Pedagoxía Social e Educación Ambiental
dende donde estamos desenvolvemento as liñas de investigación en
pedagoxía social escolar):
http://sepie.es/doc/convocatoria/2020/resoluciones/febrero21/definitiva/anexo_iv_apartado_1.pdf