Con motivo do VIII Día da Ciencia en Galego dende Igaciencia convidan a participar en activiadades como:
- Celebrando a Viaxe do Beagle
- Celebrando as Viaxes de Domingo Fontán para elaborar con métodos modernos, matemáticos e exactos o primeiro mapa actual de Galicia.
- Realizando actividades de Ciencia no Camiño de Santiago.
- Actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX… Saídas ao campo.
- roxectando o Ano Internacional a outras ciencias: en Xeografía os mapas- que nunca poden faltar nas viaxes-, en matemáticas as proxeccións, en Tecnoloxía GPS e App inventor… Queremos facer convosco unha base de datos latitude/lonxitude dos lugares da nosa cultura, románico, igrexas, fervenzas, vexetación e flora, da fauna e pesca que coñezades.E non só iso senón as festas, música, todo aquilo que queirades xeoreferenciar na vosa zona: o voso queixo ou o voso pan.