Trátase dunha competición internacional de matemáticas para alumnos de primaria e secundaria (6 – 15 anos).
Os obxectivos principais do campionato céntranse en: promover o interese polo cálculo mental; desenvolver as habilidades numéricas e de cálculo mental; reforzar a aprendizaxe das matemáticas a través do xogo; e descubrir e premiar o talento polo cálculo mental.
superTmatik = Diferenciación didáctica + Maior motivación + TIC en clase + DIVERSIÓN
¿Que é o xogo de cálculo mental superTmatik?
superTmatik é un xogo de cartas educativo e evolutivo co obxectivo de motivar aos alumnos a aprender e disfrutar das matemáticas. Como producto do inxenio innovador, o xogo de cálculo mental superTmatik é esencialmente unha ferramenta educativa clave para a mellora das habilidades de cálculo. É un xogo moi particular que non só se dirixe a grupos de idades diferentes, senón que tamén presenta varios niveis de dificultade.
¿Como facer para participar?
Para a participación dos alumnos, só é necesario rexistrar o centro educativo na competición (ata o 31 xaneiro 2012). O próximo paso é o de ensinar a os seus alumnos cómo se xoga e deixarlles practicar cos seus colegas antes de empezar a competición. Se o centro educativo non ten xogos superTmatik Cálculo Mental pode solicitar o préstamo de xogos a través do Kit de Préstamo de Escolas, constituido por 12 exemplares (limitado a 1 Kit por escola). Nesta modalidade, os xogos se envían sen ningún coste, de modo que, ó final de cada actividade, a escola deberá optar pola devolución dos xogos ou, en caso de estar interesada en continuar o Proxecto durante os años escolares posteriores, pola súa adquisición. ¡Eso é todo o necesario para empezar!
Poderá encontrar o formulario de rexistro, o regulamento e máis información na páxina web da competición: www.mentalmathcompetition.com.