O seminario, dirixido ó profesorado de ciencias, será en Santiago de Compostela o día 25.04.2013. e organízase no contexto dun proxecto Europeo – Pathway (www.pathway-project.eu | athway.futurelearning.org) que ten como obxectivo promocionar e facilitar a adopción do Ensino das Ciencias Baseada na Indagación (ECBI) en Europa.
Unua das iniciativas do proxecto para promover a colaboración entre centros de investigación e as escolas é unha exposición itineraria de CERN (http://www.i-cpan.es/expocern/) que chegará en Santiago de Compostela o día 2 de Maio e estará na Faculdade de Física ata o 20 de maio. Entorno á expo organizaranse varias actividades, incluso visitas guiadas para as escolas e charlas sobre a investigación que se fai no CERN, a participación nesta investigación dos entes locais, etc.
Para axudar ó profesorado a aproveitar ó máximo a visita desta exposición, preparouse o seminario “Invita al CERN al aula” (ver poster informativo). Neste seminario proporcionaránse varias actividades e recursos sobre o CERN e a exposición “El instrumento científico más grande jamás construido: Unha exposición do CERN” para utilizar na aula. Presentarase a metodoloxía do ensino baseada e na indagación (ECBI), así como actividades de aprendizaxe que poen realizarse antes e despois da visita á exposición, O obxectivo é poñer en contacto ós estudiantes coa investigación científica e os traballos que se realizan no CERN. A formación inclúe unha visita virtual á sala de control do detector ATLAS no CERN e un diálogo cun científico do centro.
No poster adxunto poden encontrarse os enlaces á página da exposición onde en breve se poranse os detalles de todas as actividades en Santiago de Compostela. Tamén alí encuentranse os enlaces ó proxecto Pathway, e máis importante o enlace á páxina de inscrición ó seminario.