Novas Enciga

Relatorios divulgativos de Física Re-Creativa

O grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (Aprendizaxe manipulativo da Física: GID1) ofrece para Abril e Maio relatorios divulgativos (virtuais ou presenciais) de Física Re-Creativa de balde para os centros de secundaria de Galicia. O obxectivo é presentar unha experiencia lúdica de aprendizaxe experimental de conceptos relacionados con contidos que se explican tanto en 2º de Bacharelato como nos primeiros cursos dos Graos de Enxeñaría (luz e cor; interferometría; óptica xeométrica;…), poden ser de utilidade tamén en 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Podedes ver os relatorios impartidos en Marzo nos enlaces seguintes:

https://twitter.com/clickonphysics/status/1376543241181523973
https://twitter.com/clickonphysics/status/1377567450439557121

e obter máis información no enderezo:

http://www.clickonphysics.es/cms/Ga/charlas-2

ou contactar co socio de ENCIGA José Benito Vázquez Dorrío (bvazquez@uvigo.es)