Novas Enciga

Premio á Investigación sobre a evolución histórica do Boletín das Ciencias (BdC)

A Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convoca o Premio á  Investigación sobre a evolución histórica do Boletín das Ciencias (BdC), con motivo da celebración da publicación do seu exemplar número 100. 

BASES 

1ª.- OBXECTO. A convocatoria deste Premio ten por obxecto promover a análise da  evolución do Boletín das Ciencias, publicación periódica da Asociación de  Ensinantes de Ciencias de Galicia, ao longo dos seus trinta e sete anos de historia.  

2ª.- PARTICIPANTES. Poderá participar na convocatoria calquera persoa maior de  idade, de maneira individual ou compartindo autoría, podendo cada participante  concursar cun único traballo. A presentación do traballo ao Premio non é  incompatible coa presentación do mesmo como traballo académico. 

3ª.- FORMATO. Os traballos deberán presentarse en pdf, estar redactados en galego,  ter unha extensión comprendida entre 50 e 100 páxinas, formato A4, marxes de 2,5  cm, letra Arial 11 ou 12 e entreliñado de 1,5.  

4ª. TIPOLOXÍA. Os traballos terán un enfoque e unha estrutura libre, se ben deberán  facer un estudo pormenorizado da evolución histórica do Boletín das ciencias, desde  o inicio ata a etapa actual. Suxírense como aspectos a contemplar, entre outros: ∙ Seccións nas que se estrutura 

  • Evolución das temáticas tratadas e números monográficos 
  • Inclusión da perspectiva de xénero 
  • Publicacións periódicas e boletíns-guía do congreso 
  • Autorías máis prolíficas 
  • Distribución das publicacións por áreas (Matemáticas, Ciencias Naturais, Física  e Química, Interdisciplinares). 
  • Breve análise do enfoque didáctico por disciplina.  
  • Valoración do impacto educativo ou social da revista ou dos artigos. . 

5ª.- ENVÍO DE TRABALLOS. As persoas participantes deberán enviar os traballos en formato dixital ao enderezo electrónico da asociación (secretaria@enciga.org) e en formato papel nun sobre dirixido á ASOCIACIÓN DE ENSINANTES DE CIENCIAS  DE GALICIA (ENCIGA). PREMIO INVESTIGACIÓN EVOLUCIÓN HISTÓRICA  BdC. Avda. Alfonso X O Sabio, s/n. 27002 – LUGO. En ambos casos deberá achegarse o artigo coa autoría oculta e nun documento separado, ou nun sobre pechado no interior, indicar a identificación completa do/a autor/a, co seu nome, o seu DNI e o seu enderezo electrónico e un teléfono de contacto (no caso de ser autoría compartida, debe  figurar o nome de todas as persoas autoras).

6ª.- PRAZO. A data última para recepción de traballos será o día 30 de xuño de 2025.  Esta data non será prorrogable a fin de que o traballo premiado sexa publicado como  o número 100 do Boletín das Ciencias. 

7ª.- XURADO. O xurado estará constituído por persoas socias de ENCIGA e será  designado para tal fin pola Xunta Directiva da asociación. 

8ª.- ASPECTOS A VALORAR. Para a concesión do premio, valoraranse criterios como  a calidade na redacción, a metodoloxía empregada e o rigor analítico. 9ª.- PREMIO. Establécense dous premios: un 1º Premio dotado cunha contía económica  de MIL EUROS (1.000 €) e un 2º Premio de SEISCENTOS EUROS (600 €). No caso  de que os traballos premiados sexan de vario/as autores/as, a contía do premio será  repartida entre eles/as. Ademais, o traballo que acade o 1º Premio será publicado  pola asociación nun exemplar monográfico do Boletín das Ciencias. 10ª.- PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN. A decisión do xurado farase pública antes de  finalizar xullo de 2025, podéndose declarar desertos os premios. 

11ª.-DEREITOS SOBRE O TRABALLO. ENCIGA resérvase o dereito sobre a difusión  dos traballos premiados da maneira que estime máis oportuna, ademais da súa  publicación no Boletín das Ciencias, sen prexuízo dos dereitos que lle asisten á  persoa ou persoas autoras. 

12ª.- ENTREGA DOS PREMIOS. A entrega dos Premios terá lugar nun acto público que  terá lugar durante a celebración do XXXVIII Congreso de ENCIGA,  comunicándoselle a data e a hora á persoa ou persoas premiadas coa suficiente  antelación. 

13ª.- ACEPTACIÓN DAS BASES. A participación na convocatoria do premio implica a  aceptación das presentes bases que estarán publicadas na páxina web da  asociación (www.enciga.org).