Inicio

Ensinantes de Ciencias de Galicia

O NOSO obxectivo E melloraR a calidade no ensino na área de ciencias
Actualidade

Novas ENCIGA

Permanece contínuamente informado/a sobre toda a nosa actualidade, concursos, conferencias e cursos.

VII Olimpíada de Bioloxía

A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a VII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) baixo o patrocinio de, entre outros, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia Poderán participar nela todos os estudantes que estean matriculados, en Galicia, durante o curso 2011-2012, no 2º curso de Bacharelato e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados. Os interesados en participar solicitarano por escrito, cumprimentando integramente o Boletín de Inscrición

Semana da Ciencia 2011

Do 7 ao 11 de Novembro do 2011 celebrarase, ao igual que nos anos 2007, 2008, 2009 e 2010, na ETSE de Minas da Universidade de Vigo a SEMANA DA CIENCIA. As actividades, centradas nunha visita guiada gratuíta de dúas horas, están dirixidas fundamentalmente a estudantes de ensino medio e bacharelato, cuns contidos relacionados de forma directa coas súas instalacións e a súa investigación (asociada en esencia coa enerxía,

Concurso de Relatos Ciencia Que Conta 2011

4º Concurso de Relatos Ciencia Que Conta 2011 (CQC11).  O prazo para o envío dos traballos remata o 10 de novembro de 2011. En http://cienciaqueconta.wordpress.com hai información sobre os concursos anteriores e información actualizada desta convocatoria.

Estatística para Investigadores con R

A Universidade de Vigo organiza un curso de formación, Estatística para Investigadores con “R”, que terá lugar do 1 o 30 de novembro de 2011. Está recoñecido pola Consellería de Educación ( http://www.edu.xunta.es/web/node/2868) como actividade de formación permanente a efectos de acreditación de profesorado, e trátase dun curso virtual, totalmente non presencial, polo que pode ser seguido sen problema algún de incompatibilidade con outras tarefas e en calquera horario,

Curso Integración do Proxecto Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo

Curso: INTEGRACIÓN DO PROXECTO CLIMÁNTICA NA MATERIA DE CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO Nº de prazas: 40. Lugar de celebración: IES Virxe do Mar de Noia (a 30 minutos de Santiago por autovía). Recepción de inscricións: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Sistema de Xestión da Formación do Profesorado – http://www.edu.xunta.es/fprof Código: X1101053 Data límite de inscrición: O 27 de setembro de 2011 Duración: 50 horas (20 presenciais e
Sobre a asociación

Que é ENCIGA?

ENCIGA foi fundada o 16 de xaneiro de 1988, como unha asociación de profesores e profesoras de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios.

Faite socio

Faite socio e disfruta de todas as vantaxes de esta informado.

Actividades

Concursos, conferencias, Xornadas, congresos e actividades en xeral.

Congreso

Congreso ENCIGA.
Toda e información que precisas.

Recursos

Repositorio de recursos e documentación dispoñibles para a túa descarga.