Novas Enciga

Monólogos científicos para profesorado

Os sábados 10 e 24 de maio de 10-14h celebrarase un obradoiro para aprender a elaborar monólogos científicos. Será impartido por Eva Cabanelas, experta en divulgación científica.

O obradoiro ten unha duración de 8h, para as cales foi concedida a homologación provisional da Consellería de Educación, e terá lugar no Vello Cárcere de Lugo.

As asignación das prazas seguirá unha rigurosa orde de inscrición, priorizando ás persoas socias de ENCIGA, que se pode facer a través do formulario https://forms.gle/QkPZ7KqECJcP6uh37