Novas Enciga

IGFAE Science Week 2018

O departamento de divulgación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) anuncia a “Semana da Ciencia IGFAE 2018”, que se celebrará na semana do 12 ao 16 de Novembro. O IGFAE é un centro mixto Universidade de Santiago de Compostela-Xunta de Galicia acreditado en 2017 como Unidade de Excelencia “María de Maeztu” do Sistema español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

Durante a Semana da Ciencia celebraranse charlas en Santiago e diversos eventos, incluído un concurso de comunicación científica.

Ofrécese a posibilidade de que un membro do IGFAE dé charlas nos institutos durante a nosa Semana da Ciencia. A investigación do IGFAE céntrase na física de altas enerxías e física de partículas, e os temas das charlas xirarían arredor destas. Nesta Programa de charlas podes atopar unha lista de palestrantes e os temas que propoñen. Estes serían adaptados a unha audiencia de ensino secundario, e sempre se poderían facer axustes nos contidos.

Unha vez identificada unha charla do teu interese, convidámoste a que te poñas directamente en contacto por correo electrónico co investigador correspondente para fixar os detalles. Loxicamente estaríamos interesados en ter unha audiencia canto máis grande mellor, polo que a presenza de varios grupos, ou mesmo máis dun centro en paralelo, sería para nós ideal.