Novas Enciga

I Concurso de Comunicación do IGFAE

I Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE C3)

Semana da Ciencia, 12 a 16 de novembro de 2018

O obxectivo deste concurso é estimular a produción de recursos educativos para achegar a todo o mundo os fundamentos da Física, en particular a estudantes de ensino secundario e superior. A participación no concurso está dirixido ao persoal investigador dos organismos públicos de investigación; a estudantes de doutoramento, máster ou grao; ao profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que traballan no ámbito da docencia da Física e aos profesionais de divulgación científica e xornalistas.

Bases do concurso e máis información.