O documental “40 años viendo átomos” realizado por un grupo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), con motivo do 40º aniversario da invención do microscopio de efecto túnel (STM), instrumento clave para a chegada da nanotecnoloxía. Esta producción ademais fai unha homenaxe a dous profesores da Universidade Autónoma de Madrid, falecidos durante o ano 2020, pioneiros desta técnica en España.
O documental está dispoñible no canal CSIC Divulga en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=pJ0MtKqTOco
Este traballo posee diversos elementos que o fan de interese como material STEM para a comunidade educativa: Fala da ciencia e a tecnoloxía do pequeno, a que se fai agora mesmo nos nosos centros de investigación, cóntanos cómo foi a chegada e o auxe desta técnica en España, mostra o lado humano das persoas que traballan na ciencia, do esforzo e dedicación que require a carreira científica, dos éxitos e fracasos que fan avanzar a ciencia, a crecente importancia das mulleres no ámbito científico, etc.