Novas Enciga

CURSO “INTRODUCINDO O SOFTWARE CIENTÍFICO NAS AULAS: R COMMANDER”

O Programa de Formación de Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso “Introducindo o software científico nas aulas: R Commander” dirixido ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas. Esta actividade de formación está recoñecida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 O curso terá unha duración de 20 horas, das cales 15 horas serán presenciais e 5 non presenciais. Celebrarase na Facultade de Matemáticas da USC os días 8, 15, 22 e 29 de marzo. A data límtie para inscribirse é o 4 de marzo.
Podesdes consultar toda a información no seguinte enlace:  https://cursorcommander2019.blogspot.com/