Novas Enciga

Curso Facendo a ciencia accesible a través da divulgación

Curso de verán da Universidade da Coruña que organiza conxuntamente o Departamento de Física e Química do IES Monte Castelo (Burela) e a UDC.
Este ano o curso leva por título “Facendo a ciencia accesible a través da divulgación” e vaise celebrar no Salón de Plenos do Concello de Burela os días 3 e 4 de xullo.