Novas Enciga

Curso de Formación de Profesorado: “Avances en Investigación Química”

O CIQUS e a Facultade de Química da USC están a organizar un Curso de Formación de Profesorado titulado “Avances en Investigación Química”, especialmente dirixido aos profesores de Física e Química de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Están a preparar a segunda edición para os días 26 e 27 de xaneiro de 2018. É gratuíto pero as prazas son limitadas.

Fai clic aquí para facer a inscrición.