Organizado polo Campus do Mar, coa colaboración da Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA) e cofinanciamento da FECYT, no marco da proposta do proxecto que resultou seleccionada na convocatoria de axudas do 2013.
A colaboración coa ASPEA determinou que o curso sexa en Viana do Castelo. Por iso, para facilitar os desprazamentos, hai autobuses cuxo custo corre a cargo do orzamento do curso. Por horario de remate, o venres pola noite solo é viable o regreso a Vigo, pois a Santiago chegaríase sobre as 23 horas. Dende a Cámara Municipal de Viana estase a estudar opcións de aloxamento para a noite do venres.
Estes son os links para navegar sobre a información do curso e para descargala en pdf:
http://campusdomar.es/oceantica/curso2014/?lang=gl
http://campusdomar.es/wp-content/uploads/2014/05/curso_oceantica_20141.pdf
Para a organización do curso interesa que o profesorado teña un rápido coñecemento da proposta para que os que teñan vocación de comunicar as súas experiencias, teñan tempo de presentar os resumos. Ademáis da presentación de experiencias de centros educativos, as outras dimensións a avaliar son:
1) Actualización científica sobre cambio global, cambios na física da atmosfera e na do océano, e cambios na ecoloxía do océano no contexto do cambio global contemporáneo
2) Aspectos de divulgación científica sobre cambio global no océano que poden ser útiles para o ensino: as respostas educativas ao cambio climático que abordou neste curso o museo da Fábrica de Ciencia Viva de Aveiro e comunicación das interaccións ser humano ? mar no fronte marítimo
3) Posta en común sobre as respostas en programas de Educación Ambiental relevantes no Estado, en Portugal, en México e a nivel europeo en xeral
4) O papel das Ciencias sociais nas respostas educativas aos cambios globais: Pedagoxía Social e Economía do cambio global
5) As competencias docentes para xerar respostas educativas ao cambio global
6) Saída de campo para estudar os efectos das cicloxéneses explosivas deste inverno sobre a barra de Vila Praia de Áncora, como recurso didáctico para o estudo dos impactos do cambio global oceánico sobre a morfoloxía costeira.