Novas Enciga

Cuarta edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca a cuarta edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con esta iniciativa académica pretendemos que os estudantes se inicien no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que estamos inmersos. Para participar, tan só é necesario que os alumnos deseñen (coa axuda dun titor-profesor) una enquisa ou fagan un estudo sobre un tema de actualidade, e presenten os resultados. Tanto os alumnos participantes como os seus titores recibirán un diploma acreditativo da súa participación por cada traballo presentado, e poderán optar a unha serie de premios. Ademáis os profesores recibirán unha suscripción gratuíta dun ano á nosa Sociedade.

O prazo de presentación de traballos finaliza o 30 de abril de 2014.